Saltar navegación.
Inicio

Presentacións inicio de curso 2023/2024

Presentación empregada ao comezo do curso 2023/2024 tanto para alumnado como familas.

Programa Letras Galegas 2024 no IES García Barbón

Letras Galegas 2024

Consulta de programacións Bacharelato

As programacións de todas as materias de Bacharelato pódense consultar a través da seguinte url: https://www.edu.xunta.gal/proens/AccesoPublicoListaxe.action

Marcando o códigodos IES García-Barbón: 32013582

Curso Capacitación Dixital no IES García Barbón

No IES García Barbón continúase coa impartición, gratuita, dos cursos sobre Competencias dixitais básicas, destinado a persoas sen formación dixital previa, e que non estén a cursar ensinanzas regradas neste curso académico 23/24. O obxectivo é formar ós participantes en aspectos básicos da vida cotiá como poden ser enviar un correo electrónico, pedir unha cita na páxina do Sergas, ler un xornal dixital...

O curso terá unha duración de 30 horas lectivas, que se levarán a cabo nas datas comprendidas entre o 13 e o 27 de maio, ambos incluídos, en sesións diarias de 16:00-19:00 horas, nas instalacións do centro.
Todas as persoas interesadas en realizar dita formación deberán pasar polo centro a cubrir o formulario de matrícula.

Para máis información presencialmente no centro en horario de 9:00-14:00, ou ben no teléfono 988685085.

Bolsas do MEFP para o curso 2024/2025

 

 

 



 ·         Prazo de solicitudes para o curso 2024/25: do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024.


·        

Procedemento exclusivamente telemático a través da Sede Electrónica do MEFP:


https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

                                                Cumprimentar a túa solicitude paso a paso


         

Vídeos explicativos    e outras aportacións de utilidade.

 

 

 

Teléfono de información sobre bolsas e axudas  (Ourense)

 

 

 

Encontros Virtuais na Zona USC 2024

Encontros Virtuais na Zona USC 

Que non poidas visitarnos en persoa, non significa que non poidas coñecer o que a USC ten para ti: graos, laboratorios punteiros, instalacións deportivas, residencias e colexios maiores, cafeterías e comedores, unha ampla programación cultural, programas de voluntariado...

 

Este curso 2023-2024 os Encontros Virtuais na Zona USC  terán lugar os días 21, 22, 25 e 26 de marzo. Os mesmos teñen como obxectivo dar a coñecer as titulacións e servizos que oferta a USC, están dirixidos moi especialmente ao estudantado de 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior.

 

 

Encontros  virtuais: Oficina de Información Universitaria

Encontros virtuais: Proceso de Preinscrición e Matrícula nas Universidades de Galicia

 

Encontros virtuais: Servizo Universitario de Residencias

Distribuir contido