Saltar navegación.
Inicio

Bolsas do MEFP para o curso 2023/24

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

 

·        

Prazo de solicitudes para o curso 2023/24: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.

·        

Procedemento exclusivamente telemático a través da Sede Electrónica do MEFP:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

·        

Vídeos explicativos 

Vídeos explicativos

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023

Axudasle 

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 643 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, que se distribuirán do seguinte modo:

- 491 axudas para alumnado de cota de reserva - Guía confirmación praza para alumnado de cota reserva

- 152 axudas para alumnado de cota xeral - Guía solicitude praza para alumnado de cota xeral

Prazo de solicitudes aberto dende o 14 de FEBREIRO ata o 13 de MARZO (incluído) -estudantes de 1º e 2º de Bacharelato-

Para obter información ampliada sobre a convocatoria pode consultar os seguintes arquivos:

Cartel informativo

Acceso ao texto da Orde de convocatoria

Preguntas frecuentes

Prazos a simple vista

Curso AFD Mantemento dos Sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos

No IES García Barbón ofertase o curso de Formación Profesional Mantemento dos Sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos que se impartirá no centro en horario de tarde do 27 de febreiro ao 28 de xullo. Se estás interesado podes poñerte en contacto co centro.

2.400 bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés en España

2.400 bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés en España

Bolsas para participar nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España, destinadas a estudantes de Bacharelato, de Grao Medio de Formación Profesional, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinos Deportivos, de Ensinos Profesionais de Música e Danza e de Idiomas de Nivel Intermedio e Avanzado, durante o mes de xullo de 2023.

A QUEN VAI DIRIXIDO:

Para público en xeral

INSCRICIÓNS:

Dende o 01/02/2023 ata o 03/04/2023

DURACIÓN:

1 semana no mes de xullo de 2023.

PREZO:

O alumnado participante abonará 100 euros á empresa que resulte adxudicataria do contrato.

REQUISITOS:

  • Nacer entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2006
  • Estar matriculado no curso 2022-2023 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
    • Bacharelato
    • Ensinos profesionais de música e danza
    • Grao medio de Formación Profesional
    • Grao medio de artes plásticas e deseño
    • Grao medio de ensinos deportivos
    • Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
  • Obter no curso 2022-2023 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación e Formación Profesional (conforme á Resolución 10 de marzo de 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen estudos postobligatorios).
  • Ter aprobadas todas as materias do curso 2021-2022, a data de finalización do curso, cunha nota final mínima de 9 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculados en ensinos bilingües, pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Estar situado nun lugar da orde de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das bolsas convocadas.
  • As persoas interesadas deberán cumprimentar a solicitude mediante o formulario accesible a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

REMUNERACIÓN / CUSTO:

A adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade. O traslado desde o domicilio ao centro de destino e viceversa será por conta da persoa participante.

PÁXINA WEB:

www.educacionyfp.gob.es

Fonte da información:

https://www.coruna.gal/informacionxuvenil/gl/convocatorias/bolsas-e-axudas/detalle-bolsas/2-400-bolsas-para-participar-nun-programa-de-inmersion-linguistica-en-ingles-en-espana/suceso/1453828422039

Programa escolar de consumo de froita e leite

O vindeiro luns día 23 comezará a entrega de leite para o alumnado no hall do centro durante os recreos dentro do "Programa escolar de consumo de froita e leite" coa axuda económica da Unión Europea.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior 2023

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior 2023

Prazos de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Máis información:

Infografía detallada sobre as probas de acceso a ciclos de grao medio

Infografía detallada sobre as probas de acceso a ciclos de grao superior

BOAS FESTAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Desexámosvos un Bo Nadal e un Feliz Aninovo!!!!

Felicitámosvos coa postal gañadora do concurso deste ano feita por Cristina Martínez de 2º de Bacharelato.

"Honrarei o Nadal no meu corazón e procurarei conservalo durante todo o ano", Charles Dickens.

 

Distribuir contido