Saltar navegación.
Inicio

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Mulleres da contorna de Verín

Durante o mes de marzo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega recopilou biografías e entrevistas de mulleres de Verín e da súa contorna.

Mulleres da contorna by dveiga

24 F "Rosalía galega e universal"


Durante esta semana, e especialmente hoxe mércores 24, rememoramos a figura de Rosalía de Castro, pero tamén o facemos todos os días a través do uso do noso idioma; parte esencial da cultura galega e de Galicia, polos que tanto loitou a autora clave do Rexurdimento galego.

Facémolo a través de diferentes actividades encamiñadas a homenaxear o seu aniversario: percorrido virtual pola casa museo de Rosalía, recitado de poemas en varias linguas e escoita de temas musicados das súas letras nas versións máis actuais. Transcorridos 184 anos do seu nacemento, a escritora segue a ser o referente de Galicia e do universo.

 

O Entroido de Verín: "O mellor Entroido do mundo"

Baixo este lema o alumnado do IES García-Barbón realiza un chamamento á poboación da comarca de Verín para celebrar, desde a casa, un Entroido excepcional con seguridade e responsabilidade. Xuntan as súas voces para pedir a colaboración cidadá a través do seguinte chamamento:

Cada tarde, durante a semana do Entroido ás oito saímos ás ventás e aos balcóns para aplaudirmos, esta vez, para facermos homenaxe ao MELLOR ENTROIDO DO MUNDO!

Todos os cigarróns e peliqueiros que temos as chocas na casa poñémolas ás oito da tarde e saímos aos balcóns a facer o estrondo do Entroido e non se fale máis…!

Atraente cada ano de milleiros de turistas, o Entroido de Verín este ano queda na casa para festexalo desde alí e demostrar que é o mellor do mundo, para manter as medidas sanitarias e para apelar á responsabilidade cidadá nesta situación de pandemia.

 

 

 

Día Escolar da Paz e a Non-violencia

Celebramos o Día Escolar da Paz e a Non-violencia e facémolo dun xeito diferente, aínda que non poidamos estar uns ao lado dos outros. Facémolo a través da poesía, posto que a poesía onde existe tamén é vida e esperanza.

Máis ca nunca é preciso clamarmos a paz e a non-violencia para lembrarmos a importancia de defender unha educación no camiño da concordia, o diálogo, a tolerancia, a solidariedade e o respecto aos dereitos humanos.

Velaquí unha escolma de haikus creados por alumnado do IES García-Barbón para conmemorar este día, onde as palabras se unen na chamada á Paz e á Non-violencia nos seus diferentes sentidos. Podedes ter acceso a través da imaxe ou a través dos ficheiros adxuntos.

Bo Nadal e ventureiro Ano novo 2021 para o IES García-Barbón de Verín!

Con esta tarxeta, e desde o EDLG, queremos felicitarlle as festas a toda a comunidade educativa do IES García- Barbón de Verín coa ollada posta nun novo ano diferente no que poidamos volver ver os nosos rostros e sorrisos.

Que gocedes destas festas con seguridade e saúde!

Concurso de tarxetas postais outono 2020

"Verín de outono e a súa contorna"

 

Concurso para o alumnado do IES García-Barbón (Verín) en catro categorías:

a) Bacharelato

b) Formación Profesional Básica

c) Educación Secundaria de Adultos

d) Ciclos Formativos

 

Cada participante deberá enviar unha tarxeta postal en formato dixital (só se admitirá unha por participante). No anverso figurará a imaxe e no reverso, o título en galego relativo a esta estación do ano e mais o lugar que representa. Enviarase en formato jpg ou tiff e a criterio do/a participante en relación coa forma. 

O tamaño non debe superar o formato A-5 (14,8 X 21 cm). O título elixido versará sobre o outono en Verín e/ou a súa contorna, as imaxes teñen que ser orixinais e non tomadas de ningunha outra fonte.

 

No documento adxunto tedes acceso as bases do concurso.

Unha muller,unha historia

Unha muller, unha historia.

 Aínda que a suspensións das clases non nos permitiu rematar esta fermósa actividade, queremos deixar constancia dela, en memoria e honra de todas as mulleres da historia.

 

 

Proxecto Cascabela

Velai veñen as Cascabelas pregoando o entroido¡

  

 

Contos de Lareira

No IES estivemos atarefados nestes meses con  actividades no quecer do lar.

Cóntame un conto, aquí, ao carón da lareira!!  

  

 

  Entón qué, ¿saíron bós os bullós iste ano?

 

O Apalpador

Este ano o Apalpador veu traer agasallos ao noso IES.

 

 

 

Distribuir contido