Avaliación da satisfacción dos estudantes de Formación Profesional
Enviado por dveiga o Mér, 09/03/2022 - 12:21Exposición Mestras
Enviado por admin o Mér, 09/03/2022 - 12:05A profesora Alba Gómez e o seu alumnado de Historia da Arte converten o IES García Barbón de Verín nun pequeno museo a través da exposición “Mestras” coa finalidade de reivindicar o espazo das mulleres na Historia da Arte, un espazo do que foron borradas e expulsadas prácticamente ata a actualidade. Pensemos que o libro que segue a ser o máis vendido sobre a materia, o famoso manual de Gombrich, apenas inclúe o nome dalgunha artista ou nos propios contidos do exame ABAU, onde por primeira vez este ano aparecen 7 artistas que naufragan entre os nomes dunha morea de homes. Co pensamento de transitar un novo camiño, que debe partir tamén da escola, o alumnado elaborou con agarimo, curiosidade e asombro as audioguías das obras aquí seleccionadas, cunha perspectiva crítica, xa que non pode ser doutro xeito.
Mostras da exposición:
Judit decapitando a Holofernes (Artemisia Gentilleschi)
Narración de Tatiana Barja Rivero
A idade madura (Camille Claudel)
Narración Cristina Rivero Martínez, Lucas Pardo Pardo, Tatiana Barja Rivero
A Verbena (Maruxa Mallo)
Narración Lucas Pardo Pardo
Untitled Film Stills (Cindy Sherman)
Narración Cristina Rivero Martínez
Avaliación da satisfacción dos estudantes de Bacharelato
Enviado por dveiga o Mar, 08/03/2022 - 12:068m: Libros e xogos na biblioteca
Enviado por Biblioteca o Mar, 08/03/2022 - 12:04Con motivo do 8M presentamos na biblioteca unha selección de libros e xogos sobre feminismo.
8M: Mulleres en historia e literatura
Enviado por Biblioteca o Mar, 08/03/2022 - 11:42No primeiro andar do centro, coa colaboración do alumnado de 2º de Bacharelato, fixemos unha exposición de mulleres na historia e literatura.
8M: AS MULLERES DA NOSA VIDA
Enviado por Biblioteca o Mar, 08/03/2022 - 11:33Con motivo da celebración do 8M no vestíbulo da entrada fixemos un pequeno mural dedicado ás mulleres da nosa vida.
Adianto da convocatoria de bolsas do ministerio para o curso 2022-2023
Enviado por dveiga o Xov, 24/02/2022 - 12:36Adianto da convocatoria de bolsas do ministerio para o curso 2022-2023
El Gobierno adelanta cuatro meses la convocatoria de becas, que contará con una inversión de 2.134 millones de euros
22/02/2022
El Consejo de Ministros ha aprobado hoy el Real Decreto por el que se establecen los umbrales de renta y patrimonio familiar y las cuantías de las becas y ayudas al estudio para el curso 2022-2023 Enlace externo, se abre en ventana nueva, lo que permitirá adelantar su convocatoria unos cuatro meses. El objetivo es que los estudiantes sepan antes del periodo de matriculación si cumplen con los requisitos económicos para recibir estas ayudas, reduciendo así su incertidumbre.
Máis información: https://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2022/02/20220222-becas.html
23 F. Día de Rosalía de Castro
Enviado por Biblioteca o Mér, 23/02/2022 - 12:05Hoxe é o día da nosa gran poeta galega, Rosalía de Castro.
Neste cartel vemos debuxos feitos por alumnado do noso centro.
PROGRAMA ENTROIDO IES GARCÍA BARBÓN
Enviado por Biblioteca o Mar, 22/02/2022 - 14:16O ENTROIDO XA CHEGOU!!!
Este xoves 24 de febreiro celebramos o Entroido no IES García Barbón e contamos con moitas actividades.
-Ás 12h dará comezo o concurso de disfraces.
-Ás 13 horas ou despois do concurso, haberá diferentes actividades: xogos populares e pingpong no patio, concurso de baile no patio cuberto, xogos na bilbioteca e bingo na aula de informática (bingo e biblioteca ata encher o aforo).
-A partir das 13h a profe Mayca dará unha charla sobre o Entroido nunha aula aínda por determinar.
Concurso "Dálle a volta ao conto"
Enviado por admin o Dom, 13/02/2022 - 23:50Grazas a todo o alumnado participante. Deixámosvos os dous contos gañadores, merecen unha lectura e unha reflexión. Noraboa rapazas!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »