Saltar navegación.
Inicio

bitácorea de Biblioteca

BOAS FESTAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Desexámosvos un Bo Nadal e un Feliz Aninovo!!!!

Felicitámosvos coa postal gañadora do concurso deste ano feita por Cristina Martínez de 2º de Bacharelato.

"Honrarei o Nadal no meu corazón e procurarei conservalo durante todo o ano", Charles Dickens.

 

VINDEIRAS SESIÓNS CLUB DE LECTURA E SESIÓN ESPECIAL CON PINCHOS E CHARLA SOBRE MANGA!!!

Lembrade que este luns día 5 teremos unha sesión do club de lectura na biblioteca do centro ás 15:15 e outra ás 16h.

Non esquezades que o día 12 de decembro hai unha sesión especial, que inclúe pinchos para os membros do club de lectura e unha charla moi interesante sobre manga impartida por Gabriel Álvarez. Ese día os pinchos comezarán ás 14:30 no patio cuberto do centro.

PARTICIPA NO AMIGO INVISIBLE DO IES GARCÍA BARBÓN. RECIBIRÁS UN AGASALLO DO APALPADOR!!!

O día 22 de decembro o Apalpador visitará o noso centro cun saco cheo de agasallos. Se queres recibir o teu, participa no amigo invisible do centro. É moi sinxelo:

-Merca un regalo que sexa como moito de tres euros.

-Envólveo e déixao na biblioteca ou en vicedirección. Alí daranche un papel no que se indica que entregaches un regalo. Non o perdas!

-O día 22 preséntalle ese papel ao Apalpador e recibe o teu agasallo.

Anímate e participa!!!!

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Anímate a participar no concurso de postais de Nadal organizado polo EDLG e a bliblioteca do centro. Tes que facer un deseño orixinal (un debuxo ou unha foto) e escribit unha felicitación.

Manda a túa proposta antes do 17 de decembro ao correo biblioteca.barbon.verin@gmail.com.

A postal gañadora servirá para desexar felices festas a toda a comunidade educatica dende as redes sociais do centro.

CLUB DE LECTURA "O TEAR DAS PALABRAS"

Este ano continuamos co noso club de lectura do IES García Barbón, O tear das palabras. Contamos contigo!! Se queres apuntarte ou máis información, pasa pola biblioteca. Anímate a participar!! 

 

Concurso relatos Samaín

Participa no concurso de relatos de Samaín!!!! 

-Os relatos terán unha extensión de entre unha e tres páxinas e deben incluír personaxes e seres mitolóxicos galegos como meigas, trasnos, a Santa Compaña, mouras, Sacaúntos...

-Entrégaos en formato .word ou .odt ao correo biblioteca.barbon.verin@gmai.com antes do 21 de outubro.

-Non poñas o teu nome real, emprega un pseudónimo para asinalo.

-O xurado estára formado polos equipos de EDLG e Biblioteca.

-Outorgarase un 1º e un 2º premio,

-Os relatos gañadores publicaranse nas redes sociais do centro

-A que agardas, participa!!!!!! Non sexas ti o que ten medo!!!

 

 

 

Libros de orientación na biblioteca proporcionados polo departamento de Orientación

Na biblioteca tedes á vosa disposición novos libros sobre técnicas de estudo, globalización, autoestima, felicidade, trastornos da alimentación e unidades didácticas moi interesantes.

Moitas grazas ao Departamento de Orientación do centro por proporcionar todo este material!!!

Botádelle unha ollada!!!

ACTIVIDADES MES DE ABRIL CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO

O mes de abril xa está aquí!!

Desde o EDLG e a Biblioteca do IES García Barbón queremos propoñervos varias actividades relacionadas cos libros que podedes facer durante este mes. Animádevos e participade!!!

A REVISTA MEIGALLO XA CHEGOU!!!

Depois da presentación virtual da revista, xa temos na biblioteca tres exemplares impresos. Non dubidedes en consultalos e propoñer opcións e ideas para colaborar no próximo número!!!

Queremos que a revista siga durante moito tempo e para iso precisamos a vosa axuda!!!

 

8m: Libros e xogos na biblioteca

Con motivo do 8M presentamos na biblioteca unha selección de libros e xogos sobre feminismo. 

Distribuir contido