Saltar navegación.
Inicio

bitácorea de Biblioteca

Concurso postais de Nadal

Participa no concurso de postais de Nadal!!!

-Elixe unha imaxe de Nadal.

-Acompaña a imaxe dunha frase de felicitación.

-Envía a postal resultante nun arquivo pdf antes do 13 de decembro ao correo iesgarciabarbon.edlg@gmail.com

-A postal gañadora publicarase na páxina web e nas redes sociais do centro.

O tear das palabras. Club de Lectura do IES García Barbón

Comeza a andar o Club de Lectura do IES García Barbón!!

A primeira reunión terá lugar o luns próximo, 29 de novembro, ás 15h no vestíbulo do centro.

 

Concurso lemas contra a violencia de xénero

Participa no concurso de lemas contra a violencia de xénero. Tes ata o 22 de novembro para envialo ao correo carmen.manzano.lengua@gmail.com

O lema gañador será o que representará ao noso IES.

Anímate e participa!!!

Entrega de premios do Concurso de microrrelatos de Samaín 2021-2022

Por favor, as persoas participantes no concurso deben acudir á biblioteca o venres 5 de novembro ás 11:20h para a entrega de premios.

VOTACIÓNS PARA O CONCURSO DE MICRORRELATOS DE SAMAÍN 2021-22

VOTA OS TEUS DOUS RELATOS FAVORITOS.

Podes ler os textos no PDF de abaixo ou ben na biblioteca do centro.

Hai unha urna  nas mesas da biblioteca para introducir o teu voto anónimo, no que debes poñer os dous números dos teus dous microrrelatos elixidos.

Tes ata o xoves para votar, pois o venres procederase á entrega de premios no recreo.

Participa!!!!

Concurso de microrrelatos terroríficos de Samaín

Club de Lectura do IES García Barbón 2021-2022

Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, 2021

Concurso Letras Galegas 2021: Xela Arias

Participa no concurso das Letras Galegas 2021 dedicado a gran escritora Xela Arias

Entra no Kahoot: https://kahoot.it/challenge/05057243?challenge-id=219269d2-a247-4950-bd4d-cc02b3689dc7_1620717017662

Pon o seguinte pin: 05057243

Tes ata o día 17 de maio para facelo. Anímate!!!

Convocatoria do III Concurso de Podcasts-Radio na biblio

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no contexto do Plan LIA de Bibliotecas escolares, fai pública a Resolución de 17 de marzo de 2021, pola que se convoca o III Concurso de Podcasts-Radio na biblio, en colaboración coa Radio Galega (CRTVG). Poderán participar os centros públicos non universitarios, de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, integrados ou non no programa Radio na biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á poeta, editora, tradutora e profesora Xela Arias, polo que as temáticas dos podcasts, nas catro modalidades previstas, deberán tratar sobre a valoración da lingua materna, reforzo da lectura de poesía galega ou o achegamento ao mundo do libro, da edición e da tradución, do que era coñecedora a autora homenaxeada.

O prazo de presentación dos traballos e da documentación complementaria remata o 26 de abril de 2021.

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/convoc_concurso_podcast_2021_asinado.pdf

 

Distribuir contido