Saltar navegación.
Inicio

bitácorea de Biblioteca

8M: Mulleres en historia e literatura

No primeiro andar do centro, coa colaboración do alumnado de 2º de Bacharelato, fixemos unha exposición de mulleres na historia e literatura.

 

8M: AS MULLERES DA NOSA VIDA

Con motivo da celebración do 8M no vestíbulo da entrada fixemos un pequeno mural dedicado ás mulleres da nosa vida. 

 

23 F. Día de Rosalía de Castro

Hoxe é o día da nosa gran poeta galega, Rosalía de Castro.

Neste cartel vemos debuxos feitos por alumnado do noso centro.

 

PROGRAMA ENTROIDO IES GARCÍA BARBÓN

O ENTROIDO XA  CHEGOU!!!

Este xoves 24 de febreiro celebramos o Entroido no IES García Barbón e contamos con moitas actividades. 

-Ás 12h dará comezo o concurso de disfraces.

-Ás 13 horas ou despois do concurso, haberá diferentes actividades: xogos populares e pingpong no patio, concurso de baile no patio cuberto, xogos na bilbioteca e bingo na aula de informática (bingo e biblioteca ata encher o aforo).

-A partir das 13h a profe Mayca dará unha charla sobre o Entroido nunha aula aínda por determinar.

 

O ENTROIDO NO IES GARCÍA BARBÓN. PARTICIPADE!!!!!

No IES García Barbón imos ter un Entroido cargadiño de actividades. Anímate e participa. Apúntate antes do 14 de febreiro na folla que haberá na túa clase.

Dálle a volta ao conto!!!

Anímate a participar no concurso de relatos para o 14 de febreiro. Tes que darlle a volta a un conto tradicional e camibar a perspectiva do amor que nos transmitiron desde sempre.

Cambiemos as tornas!!!

NOVA EDICIÓN CONCURSO DE HAIKUS POLA PAZ!!

Imos celebrar o día da Paz!!!

-Colle unha pomba de papel que deixaremos na túa aula.
-Escribe nela o teu haiku (tres versos) sobre a paz.
-Pon o teu nome e apelidos no reverso da pomba.
-Entrégaa na biblioteca antes do día 27 de xaneiro.
-O haiku gañador levará un premio.
-Anímate e participa!!!

PATRIMONIO ORAL

Entre todos e todas imos recoller exemplos da nosa tradición oral. 

Preguntade na casa ou nas vosas aldeas a todas aquelas persoas que coñezan contos, lendas, cancións... da vosa zona ou contorna.

Animádevos a participar!!!

 

INSTRUCIÓNS ACTIVIDADES NADAL

CHEGAN AS ACTIVIDADES DO NADAL

Lembrade que esta vez non é un campionato, a división por equipos só ten a función de respectar o aforo en cada espazo.

 

 

ACTIVIDADES NADAL DÍA 21 DE DECEMBRO

PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DO 21 DE DECEMBRO!!!

Teremos ao Apalpador, xogos populares, xogos na biblio e ata un GOT Talent.

Le as instrucións, anótate e a pasalo ben!!

 

Distribuir contido