Saltar navegación.
Inicio

Obradoiros

Programa de Entroido no IES García Barbón

Xa temos preparado todo para a Semana do Entroido no centro: temos expostas as caretas de cigarrón e os carteis que informan das nosas actividades: Concurso de postres de Entroido o martes 21 e visita de cigarróns (Álvaro Ferreira, Nelson e outros alumnos do instituto) o mércores 22.


Agradecementos: A  Jesús Ferreiro Dameá, alumno da Esa,  por debuxarnos as caretas; a Nelson por facérnolas en escaiola, ao profesor Encinas por deseñarnos o cartel e a Borys Martínez por cedernos a foto do Cigarrón.

Que viva o Entroido no Barbón!

Comeza o Entroido no Barbón (ESA 2)

No García Barbón xa estamos a preparar o Entroido! O alumnado da ESA 2 está pintando unhas caretas de Cigarrón que nos fixo Nelson.  Cando as rematemos ensinámosvolas!

 

Agasallados no 1º Concurso de Fotografía "Verbas de Outono"

Foron entregados os premios do 1º Concurso de fotografía "Verbas de outono" por parte dá profesora de galego Ana Belén Mellado. Felicitar os premiados e agradecer a todos os participantes polo seu traballo e interese.

 

1º Premio (unha tablet): Alejandro Prado

2º Premio: (unha tablet):  Natalia Salgueiro

3º Premio (unha semana de comida e bebida sen coste no bar do centro): Marta Guede

Un conto de Samaín teatralizado

O venres 28 de outubro, alumnos e alumnas de 2º de bacharelato e F.P. Básica asistiron a un conto teatralizado do Samaín, "Ollo de pau".

Facendo Ciencia en Galego II

Ó longo da 3ª avaliación, os alumnos e alumnas de bacharelato traballaron en diversas investigacións científicas co obxectivo de ver a ciencia en galego. Agora toca ollar os traballos dos alumnos de 1º de bacharelato, axundo á normalización do noso idioma neste ámbito.

Pasádeo ben vendo estes vídeos!

Facendo Ciencia en Galego

Ó longo desta 3ª avaliación, os alumnos e alumnas de 2º de bacharelato levaron a cabo diversas investigacións científicas, todas elas, iso si, en galego, contribuíndo deste xeito á normalización do noso idioma neste ámbito. Despois de moito pescudar,  quixeron compartillar con nós as conclusións ás que chegaron estes novos, pero prometedores científicos, e por iso deixámosvos os vídeos que elaboraron. Desexamos que aprendades moito véndoos!!! 

O arte do dragón, segundo os alumnnos de Debuxo

Carlos Matos, profesor de Debuxo, e o seu alumnado de Debuxo -onde estudan tanto técnico como artístico- pintan un dragón nun dos muros do IES García Barbón,en concreto o muro que separa as piscinas do instituto e que dá ao aparcadoiro . Están a dedicar bastantes tardes á devandita actividade, desde aquí agradecerlles o traballo para dar un toque alegre para a vista.. Moi bo traballo!

Distribuir contido