Actividades

Obradoiro de bebidas saúdables

O pasado 26 de maio tivo lugar no IES de Fene un obradoiro de bebidas saúdables, actividade da Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene entre alumnado de 1º e 3º de ESO. Esta actividade está enmarcada no Programa de Prevención de Drogodependencias e Promoción da Saúde, e é impartida por mestres de hostelería do IES Fraga do Eume 

Nova na web do concello de Fene

 

 

Exposicion "Pola cara"

Durante estes días pódese visitar no edificio de ESO e Bacharelato do IES de Fene a exposición "Pola cara" cedida polo Museo do Humor de Fene que recopila un importante número de caricaturas de persoeiros famosos. As caricaturas estarán expostas ata o día 15 de febreiro

 

 

 

 

Charla de ASFEDRO de prevencion de drogodependencias

O martes 12 de xaneiro tiveron lugar no centro unhas charlas sobre "Prevención de drogas" impartidas pola asociación ASFEDRO (Centro Asistencial a Drogodependentes)  dirixidas aos grupos de ciclos de FP e FP Básica. Esta Asociación Ferrolana, combate a lacra da drogodependencia dende hai máis de 25 anos, e o fai cun plan integral que vai dende a prevención á reinserción.

Dentro do plan de prevención estivo esta charla, que foi orientada hacia as consecuencias do consumo de drogas, e sobre todo aos problemas mentais que provoca nos consumidores de cannabis, que abundan os adictos que trafican a pequena escala porque “o mercado atomízase con la crise” . Os municipios da mancomunidade ferrolá teñen acordos de colaboración con Asfedro para realizar proxectos de prevención de drogas entre menores e de reinserción de drogodependientes.

 

 

 

Xornada de kart no IES

O pasado día 3 de novembro tivo lugar nos talleres de automoción do IES unha xornada teórico-práctica sobre mecánica de kart. Contouse coa presencia de dous expertos e campions galegos de  karting en varias ocasions, César Cabarcos e Álvaro Muñiz que lograron atraer a atención de todo o alumnado e profesorado do ciclo de Vehículos, así como de algúns alumnos doutros ciclos que tamén se achegaron ata alí.

Nesta xornada, os relatores abordaron distintos aspectos do mantemento destes vehículos como son as reglaxes e o mantemento dos distintos compoñentes do kart, tanto chasis ocmo motor

O IES de Fene quere agradecer a César e Álvaro a súa presencia no centro e a súa boa disposición para explicar os pormenores desde deporte de motor ao alumnado dos ciclos de Vehículos.

Vídeo realizado por Alberto López, ax alumno do IES

Concurso de fotografía Xurxo Lobato

PARTICIPANTES

O concurso vai dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacherelato e Formación Profesional de Galicia, cun límite de idade para presentarse de 21 anos.

VER BASES

Campaña de recollida de alimentos

 

 Durante estas datas estase levando a cabo no IES de Fene unha campaña de recollida de alimentos con destino ás familias necesitadas da zona, a través de Cáritas Diocesana de Santiago De Compostela, Parroquial de Fene Perlio, San Valentín e Sillobre. A data límite para entregar alimentos non perecedeiros é o venres 19 de decembro

 

 

 

Concello de Fene, Conferencia de Primitivo González na biblioteca

O pasado mércores 3 de decembro tivo lugar unha conferencia na Biblioteca  Municipal de Fene do Enxeñeiro Primitivo González, dentro do programa de actividades que se está desenvolvendo "Fene coa ciencia en Galego", programa no que tamén estivo incluida a charla de Jorge Mira impartida no IES de Fene o pasado 12 de novembro.

Primitivo González foi enxeñeiro de Astano dende 1968 e xunto co seu equipo técnico foi o responsable da construcción de grandes petroleiros e e construcción offshore. Ademais é doutor e catedrático e, na actualidade, profesor de honra da Universidade da Coruña, na que ensinou e foi director do Departamento de Construcións navais ate hai tres anos. 

  A conferencia leva por título "Cando fomos os mellores"en referencia á época na que Astano era un referente tecnolóxico mundial

 

Charla de Jorge Mira

O mércores 12 de novembro tivo lugar no IES de Fene unha charla do televisivo físico Jorge Mira que se enmarca dentro das actividades que o concello de Fene está a organizar con motivo do V Día da ciencia en Galego que este ano se dedica a Isaac Newton e Xosé Rodríguez, e dentro do programa "Fene coa ciencia en galego" no que colaboran o concello, ao que lle queremos agradecer a súa disposición para levar a cabo estas actividades, e centros educativos. Contamos para isto coa colaboración do equipo de Normalización Lingüística do centro que organizou o evento no instituto e de Antonio Orozco, profesor de Física e Química do IES ata o curso pasado, que fixo unha magnífica presentación de Jorge Mira na que expuxo unha reseña das multiples e variadas actividades científicas e menos científicas deste mediático catedrático de electromagnetismo da USC.

A charla levaba o título "A Ciencia no punto de Mira", título tamén do seu libro, e ao longo dela fixo un percorrido por diferentes estudios científicos, dende a bioloxía e a evolución das especies, ata o seu cálculo teórico das temperaturas do ceo e do inferno baseadas na Biblia e que creou polémica en ámbitos científicos e xornalísticos, pasando por diversidade de descubimentos curiosos de premios nobeles e outros científicos que atraparon a atención do noso alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato.

Entrega de premios dos IV Concurso de Microrrelatos e do I Concurso En Galego? É o noso!

O pasado venres 30 de maio, na Casa da Cultura de Fene,  celebrouse a cerimonia de entrega de premios dos devanditos concursos.

Houbo unha actuación estelar que correu a cargo do Coro da Rá e, paralelamente, procedeuse á apertura da exposición dos traballos elixidos no concurso En Galego? É o noso!

Posteriormente, e coa presenza e palabras pertinentes do Secretario Xeral de Política Lingüística, do Alcalde de Fene e da Concelleira de Cultura de Fene, foron entregándose os premios correspondentes ás edicións deste ano.

Por parte do noso instituto, foron obsequiados, no apartado de microrrelatos,  Xiao Calvo Sanjurjo, de 1º ESO e Noelia Freire Fernández, de 4º ESO.

No aspecto plástico, o premio que nos concederon como instituto, xa que eran premios colectivos,  foi polas obras realizadas polo alumnado de 1º ESO seguinte: Nathaly Mirella Gómez Pablo, que ilustrou un poema de Eva Veiga,  María González Romero, que ilustrou un poema de Matilde Castro, Celeste López Codesido, que ilustrou un poema de Antón Cortizas, Cristina Alonso López, que ilustrou un poema de Paula Carballeira e  Teo Castro Santiago, que ilustrou un poema de Eva Veiga.

Parabéns a todos/as os participantes e aos premiados/as.

 

Carpa informativa "Xplora Xuventude"

Este venres 27 de setembro estará instalada no exterior do instituto, no aparacadoiro de ESO-Bacharelato, a carpa informativa Xplora Xuventude. Técnicos  de Dinamización Xuvenil informarán aos mozos e mozas feneses sobre recursos e programas dirixidos á xuventude.

É unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración co Concello de Fene, e estará aberta de 10:00 a 14:00 horas

Visita á exposición Imaginary en Santiago e ós tellados da catedral

O pasado martes 23 o departamento de matemáticas organizou unha saída co alumnado para visitar a exposición "Imaginary, unha mirada matemática" situada na igrexa da universidade.

A exposición itinerante IMAGINARY - unha mirada matemática

Despois da exposición, fíxemos un percorrido pola parte antiga da cidade na que Carpente fixo as funcións de guía, o que despertou o entusiasmo ao alumnado que aplaudiu cada explicación súa. Foinos dicindo algunhas cousas sobre:

-Falcultade de Xeografía e Historia.
-Estatua de Afonso II.
-Igrexa de San Fiz de Solovio.
-Mercado de Abastos.
-Convento de Santo Agostiño.
-Praza de Cervantes.
-Rúa da Acibechería.
-Mosteiro de San Martiño Pinario.
-Pazo arcebispal.
-Fachada da Acibechería da Catedral.
-Praza da Quintana.
Rematamos o percorrido turístico facéndonos unha foto de todo o grupo na Porta Santa da Catedral.
Finalizado este roteiro, tempo libre para xantar e pasear por Santiago (tivemos un día de sol radiante). Na tarde visitamos os tellados da Catedral, pasando previamente pola parte da fachada románica situada por riba do Pórtico da Gloria, que tamén formaba parte desta primeira fachada, dunha gran beleza. A fachada posterior barroca, que hoxe en día é a que vemos desde a praza do Obradoiro, ocultou á vista a mencionada fachada románica. A parte positiva desta actuación foi que a fachada primitiva quedou protexida dos elementos, o cal axudou a que chegara ata hoxe nun bo estado de conservación.

Acceso á galería de fotos

Xornada de Limpeza no IES de Fene e Día da árbore

O martes 19 de marzo terá lugar unha xornada de limpeza do terreo anexo o centro, os alumnos/as de 1º, 2º de ESO e PCPI de Limpeza e Soldadura van a colaborar voluntariamente, e a actividade realizarase de 11:15 a 12h

Os mesmos alumnos/as que colaboren o día da xornada de limpeza tamén participarán o xoves día 20 na plantación de unhas árbores para conmemorar o “dia da árbore” no mesmo terreo e a mesma hora, de 11:15 a 12h.

15-3-2013

Non sexas entroido, disfrázate

 

Entroido 2013

Hora 11:15
- haberá o primeiro pase do concurso de comparsas para osalumnos/as de ESO e PCPI.
- os alumnos de ciclos e Bacharelato poderán visitar a feira de
larpeiradas  dos alumnos de 4º de ESO para colaborar coa excursión de
fin de curso.

Hora 12:25
- segundo pase do concurso de comparsas para os alumnos/as deciclos e Bacharelato.
- os alumnos de ESO e PCPI poderán visitar o feira de larpeiradas dos
alumnos/as de 4º da ESO.


Hora 13:30
- Daráse os nomes dos gañadores do concurso de comparsas e a
continuación os alumnos/as  subirán as aulas e  deixarán todo recollido
antes de coller o transporte.

Os alumnos e alumnas do equipo do Instituto que participou con éxito no programa Parlamento xove contan a experiencia

 

Por A. Orozco e M. Suárez. Coa colaboración de Lula Sanmartín.

O Instituto participou por primeira vez no programa Parlamento Xove cun equipo coordinado pola profesora María Nogareda e formado polos estudiantes:  Borja Martínez , Érika Diz, Adrián Oliveira e Sara Jove

Presentamos un resume da conversa mantida con eles a raíz do éxito obtido, estas son algunhas das súas reflexións:

"Quedaron encantados coa experiencia e eu tamén sobre todo por ver que temos alumnos moi naturais, moi normais e respectuosos... A xuventude merece a pena realmente, penso que as novas xeracións son as que nos van sacar deste mundo onde predomina en bastantes ocasións a mediocridade...” (Maria Nogareda) 

"A experiencia foi moi enriquecedorara para atreverse a falar en público, para expresarse mellor na escrita. Tivemos moito traballo buscando información, subliñando alí como tolos, Borja acabou con maniotas de tanto pasar follas... E practicar o oral tamén custaba”. (Sara Jove)

“ Eu ao principio non estaba moi seguro de que nos saíse tan ben como nos saíu, esforzámonos, buscamos  información..." (Adrián Oliveira)

"Tiña medo de que non me dera tempo a estudar os exames e todo iso, pero  xa dixen que ao final todo isto valera a pena e volveríao a facer porque, aínda que  dedicásemos moito tempo,  tamén o pasamos ben...(Érika Diz)

"Fomos o único equipo que no primeiro ano chegou á final..."(Borja Martínez)

Preme aquí para l er a conversa completa

 

Os alumnos e alumnas do equipo do Instituto que participou con éxito no programa Parlamento xove contan a experiencia

 

 Por A. Orozco e M. Suárez. Coa colaboración de Lula Sanmartín.

Borja Martínez, Érika Diz, Adrián Oliveira e Sara Jove estudan  no  noso instituto,  Érika e Borja xa non estarán o vindeiro curso.  A Oliveira e a Sara aínda lles queda un ano  máis, despois tamén eles rematarán os seus estudos  no IES de Fene. Os catro serán recordados polos seus compañeiros e pola súa profesora de Lingua Española, María Nogareda, por  participar por primeira vez no programa Parlamento Xove, representando ao instituto .

Foi María Nogareda quen os convenceu, Sara di: “enganounos”  e de seguido aclara  que “ é unha profesora 10”.  Os catro contan marabillas de María, “levábanos , traíanos.... invitábanos a xantar” di Oliveira  mentres Borja bromea  asegurando que María  case podía facer un adosado no patio do Instituto, polo tempo que dedicou a esta actividade.

María é unha profesora que chegou este ano e parece que leva aquí desde sempre. Durante a preparación da actividade e a participación no programa  tivo que dedicar moitas horas fóra da xornada habitual tanto no instituto como na casa. Non só o buscador de Google, senón tamén Google docs ou o correo electrónico serviron para que puidesen traballar “on line” mesmo durante as vacacións de Nadal,  “San Google” como di Sara para se referir ás ferramentas do buscador. María asegura que non cambiaría esta experiencia por nada, fala con seguridade e  rapidez cando conta como lles foi,  calquera que a escoite decátase de que lle gusta a súa profesión, non só impartir aulas aos alumnos senón aprender con eles e aprender deles.

Por primeira vez participan nesta iniciativa centros escolares de Ferrolterra  e foi o IES de Fene o único instituto que quedou clasificado. Algún membro da organización sorprendeuse de que sendo a primeira vez chegaran tan lonxe, María di que é mérito dos alumnos, “Supoño que a naturalidade fíxolles gañar moitos puntos, tamén a sensación de equipo”,  ‘eramos  todos, é dicir, eles pasábanme notas a min como eu llas pasaba a eles, eu non lles dicía: di isto’. Cóntanos que  empezaron nas vacacións de Nadal, reuníanse no Instituto para buscar información na Internet. “ Era sorprendente  ver a Oliveira e os demais tres horas seguidas diante dun ordenador” María dixéralles que ía haber moito traballo que non os ía enganar, “cando souberon de verdade o traballo que tiñan por diante dime Borja: es máis lista do que pensaba, non nos dixeches realmente o que había que facer ata que estivemos apuntados”. Traballaron mesmo os sábados, e os domingos conectábanse a  Google docs, “quedabamos, por exemplo, ás 12, eu entraba ás 11 e xa estaban eles”.

Gañar un premio de 6000 euros non era o máis importante, para o grupo non o era, hai unha frase na que Érika  o  expresa ás claras: ‘eu, aínda que soubese que perdiamos, xa dende o principio repetiría exactamente igual o mesmo proceso’, “é dicir, ela -e o resto- non se arrepinten de nada, a experiencia para eles foi enriquecedora, e para min tamén, por suposto”.
María cre que os premios estaban descompensados, “ o segundo premio era unha tableta dixital, nin sequera un IPad,  había un premio ao mellor dossier e un premio para o mellor blog con dous artigos defendendo posicións distintas.  Propúxenllo a Borja e Erika porque, dado que estaban  en segundo de Bacharelato podía ser unha tarefa de clase, eles foron quen realmente os firmaron, aínda que a tarefa é conxunta. Por iso Érika dicía que se sentía mal porque era un labor de todos. O premio foi unha tableta para ela, que non está mal. Quedaron encantados coa experiencia  e eu tamén sobre todo por ver que temos alumnos moi naturais, moi normais e respectuosos”.

Este traballo fíxolles ver que hai outras maneiras de aprender, e eles mesmo se preguntan porque nas clases non se pode traballar así “aí estades vós, realmente para cambiar nas novas xeracións a maneira de actuar, pero tamén é o que lles digo sempre, as regras, gusten ou non están para cumprilas”, puntualiza María.

Saben que  non hai verdades absolutas, “temos que ser bipolares” é a frase de Sara para intentar poñerse no sitio de quen defende posicións diferentes. Ese pode ser o momento crucial do traballo porque “é cando  eles non soamente dan respostas senón que formulan  preguntas,  foi un avance extraordinario”.

Antes de rematar a conversa con María Nogareda  a xeito de resume da experiencia fai unha defensa vehemente da novas xeracións: "a xuventude merece a pena realmente, penso que as novas xeracións son as que nos van sacar deste mundo onde predomina en bastantes ocasións a mediocridade"

Oliveira, Érika, Borja e Sara,  cóntannos o paso polo programa,  falan da experiencia satisfeitos de teren participado .  Oliveira dinos como foron gañando confianza: “Eu ao principio non estaba moi seguro de que nos saíse tan ben como nos saíu, esforzámonos, buscamos información. Cando estabamos traballando aquí, moi ben. Cando cheguei púxenme  moi nervioso e nos dous primeiros debates non cheguei a encher o tempo, Érika soubo suplir os meus fallos e grazas a iso conseguimos pasar da primeira rolda. Na última parte xa non sabía case nin que dicir... esquecín pasar as diapositivas e tamén esquecín un pouco a parte final. Por culpa diso eu penso que non chegamos á final, porque tiñamos moi bo equipo”. Para Érika, que nalgún momento pensaba que non lle quedaría tempo para preparar os exames, foi unha boa experiencia:  “tiña medo de que non me dera tempo a estudar os exames e todo iso, pero xa dixen que ao final todo isto valera a pena e volveríao a facer porque, aínda que dedicásemos moito tempo,  tamén o pasamos ben”.

A Borja, que dubidou en participar, convencérono María Nogareda e Érika, está contento polo conseguido e rectifica a Oliveira: “o equipo era bo se non quedamos primeiros non  foi culpa de Oliveira, foi culpa de todos
Unha experiencia moi  enriquecedora, apunta Sara “para atreverse a falar en público, para expresarse mellor na escrita. Tivemos moito traballo buscando información, subliñando alí como tolos, Borja acabou con maniotas de tanto pasar follas... E practicar o oral tamén custaba”.

A preparación dos debates inclúe contrastar opinións e limpar a mente de ideas alleas. Sara dinos: “ao principio podía estar máis ou menos claro dicir: eu defendo esta idea. Despois traballabamos  coas dúas ideas, unha xa non sabía se estaba coa outra ou coa súa, non o tiña claro…”  segundo  Érika “Ao final xa non sabiamos cal era a nosa opinión. Buscabamos información na que había razóns para defender as dúas, entón xa non sabiamos moi ben…” . “Había moita información de ámbalas dúas partes”, interrompe Borja.

Son conscientes do difícil que é formar unha opinión e de que só con información relevante se poden formar opinións válidas, “tiñamos moita información” Oliveira di que na primeira rolda foi onde máis se notou iso. Para Sara o importante era “ler, ler moito  aínda que non puxeras todo pero ler, ter idea de máis cousas para saír, … por se che saen con outra cousa” Érika  está de acordo: “Claro, é que había moitas cousas que prepararamos mentres practicabamos. Debatiamos entre nós, despois, cando nos facían preguntas, era doado  contestar”.

Tiveron que controlar os nervios, segundo Oliveria con “chocolatinas” . Cando as  palabras non saían,  normalmente tiñan que ler. Iso pasou ao principio, despois gañaron confianza. “Nós chegamos alí– di Érika-  e ao segundo ou terceiro debate xa sabiamos un pouco como era, pero a primeira vez  asustaba
Os debates transcorreron adecuadamente, aínda que ás veces algunha persoa perdera os modais ou houbese algunha saída de ton. O xurado deulles os parabéns aos alumnos do IES de Fene por seren en todo momento respectuosos. Notábase a rivalidade no ambiente, Borja cre que xa ían  con esa idea “hai equipos que van a gañar, o de menos é   facer amigos”. 
Teñen a percepción de que tamén houbo profesores que non aceptaban a derrota, “virábannos a cara” .

Non hai moitas diferenzas en como perciben a forma de puntuar os debates. “O que máis puntuaba era a expresión oral, que tiveras claro o que estabas dicindo e a contundencia  dos argumentos, nós  pensamos que era mellor non ler o discurso,  pero ao final  os que o leron acadaron mellor puntuación”. Érika corrobora o punto de vista de Oliveira :  “nun principio pensabamos que ía contar máis o de ter máis información ou cousas mais novidosas que non tiveran os demais, pero ao final vimos que o que máis contaba era a forma de explicarse
aínda que o que  estiveras a dicir parecese unha   parvada, se convencías puntuaba… era o ton con que o dicías” é do que está segura Sara. Critican a falta de frescura e espontaneidade dos participantes “criamos que puntuaría o dicir, non o ler” apunta  Borja. “Houbo bromas sen gracia como cando algúns falaron dos ninis  e dos mileuristas “ é o que cre Sara.

Pensan que ao grupo do IES de Fene o favoreceu a espontaneidade,  agora saben que  a argumentación por si soa non era suficiente “é que unha cousa é ter razón e outra diferente é convencer de que tes razón, sabemos que iso pasa na vida real”, iso cre Sara
A impresión sobre os outros equipos é que “había un pouco de todo”, algúns eran excesivamente competitivos e outros menos, con  estes últimos compartiron charlas nocturnas.  Quizais as ansias de gañar  dos máis competitivos  fosen debidas aos profesores “ao mellor estaban un pouco influídos por eles”. O primordial  para eles é a sensación de ter aprendido moito coa experiencia; foi unha novidade traballar desde a casa e nas vacacións, compartir documentos e corrixir entre todos o propio documento e aprender a buscar información. “O que preparamos  para o  debate,  aínda o recordamos

Pedïmoslles unha frase  a cada un para describir a experiencia, isto foi  o que dixeron
Oliveira: Incrible … un pouco máis e xa sería ‘amazing’… Érika estivo impresionante, non había ninguén que lle levara a contraria, tiña razón, cando falaba tiña razón.
Erika: Ninguén facía as bromas que facía Oliveira, ata os do xurado se rían.
Sara: Estivemos en boca de todos pola  boa relación que había  entre nós coa profesora… a María  non a vían como unha profesora,
 Borja: Fomos o único equipo que no primeiro ano chegou á final..

O paso polo programa agudizoulles a actitude crítica. “Houbo debates que foron simples monólogos, sen intercambios de pareceres”, “ou como estar na misa” “algúns estaban cheos de citas”, “Nós gañamos os tres debates, quedamos de terceiros por cuestións de puntos, pero gañamos os tres”, son as frases coas que rematan a conversa sabedores de que deixaron pegada, de que no futuro os que pasaron polo programa recordarán aos gañadores, pero aos que nunca esquecerán serán aos membros do equipo formado por Adrián Oliveira, Érika Diz, Borja Martínez e Sara Jove, coordinado pola profesora María Nogareda

Parabéns!

Distribuir contido