Bases concurso de Fotografía Xurxo Lobato

1. PARTICIPANTES

O concurso vai dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacherelato e Formación Profesional de Galicia, cun límite de idade para presentarse de 21 anos.

2. CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS

• O tema é libre.

• As fotografías poden presentarse en branco/negro ou cor.

• Máximo de 3 fotografías por participante

• As fotografías serán en formato dixital e só se poderán enviar por correo electrónico.

• Data de entrega: antes do 10 de marzo de 2015.

• Non poderán levar marcas de auga.

3. PRESENTACIÓN

Os autores deberán:

• Enviar as fotografías por correo electrónico a fotomonelos@gmail.com cos seguintes datos: nome e apelidos, DNI, idade, teléfono, enderezo, centro de estudo, curso.

• Poñerlle un título a cada foto.

4. XURADO

• Estará formado por un representante da Asociación de antigos alumnos, outro do Instituto Monelos e tres profesionais ou estudosos da fotografía.

5. PREMIOS

1º premio: diploma e 250 €

2º premio: diploma e 150 €

3º premio: diploma e 100 €

• O xurado considerará a posibilidade de conceder accesits con premios.

• Premio especial dunha bolsa para realizar un proxecto fotográfico.

6. EXPOSICIÓN

A organización do concurso poderá utilizar as fotografías seleccionadas e as premiadas para a súa difusión (exposicións, edicións, etc.).

NOTA. A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.

As novedade deste ano e que temos unha edade maxima para participar que sera de 21 anos . Recordade que non se poden superar os 21 anos a data maxima de presentacion das fotos.

Comprobaremos mediante o DNI que esa edade sexa certa.

Recordade tedes que mandar as fotos ao correo electronico mediante un apodo a fotomonelos@gmail.com  e mediante o seguinte formulario mandarnos todolos datos que figuran nas basea e no cuestionario

FORMULARIO