Visita á exposición Imaginary en Santiago e ós tellados da catedral

O pasado martes 23 o departamento de matemáticas organizou unha saída co alumnado para visitar a exposición "Imaginary, unha mirada matemática" situada na igrexa da universidade.

A exposición itinerante IMAGINARY - unha mirada matemática

Despois da exposición, fíxemos un percorrido pola parte antiga da cidade na que Carpente fixo as funcións de guía, o que despertou o entusiasmo ao alumnado que aplaudiu cada explicación súa. Foinos dicindo algunhas cousas sobre:

-Falcultade de Xeografía e Historia.
-Estatua de Afonso II.
-Igrexa de San Fiz de Solovio.
-Mercado de Abastos.
-Convento de Santo Agostiño.
-Praza de Cervantes.
-Rúa da Acibechería.
-Mosteiro de San Martiño Pinario.
-Pazo arcebispal.
-Fachada da Acibechería da Catedral.
-Praza da Quintana.
Rematamos o percorrido turístico facéndonos unha foto de todo o grupo na Porta Santa da Catedral.
Finalizado este roteiro, tempo libre para xantar e pasear por Santiago (tivemos un día de sol radiante). Na tarde visitamos os tellados da Catedral, pasando previamente pola parte da fachada románica situada por riba do Pórtico da Gloria, que tamén formaba parte desta primeira fachada, dunha gran beleza. A fachada posterior barroca, que hoxe en día é a que vemos desde a praza do Obradoiro, ocultou á vista a mencionada fachada románica. A parte positiva desta actuación foi que a fachada primitiva quedou protexida dos elementos, o cal axudou a que chegara ata hoxe nun bo estado de conservación.

Acceso á galería de fotos