Entrega de premios dos IV Concurso de Microrrelatos e do I Concurso En Galego? É o noso!

O pasado venres 30 de maio, na Casa da Cultura de Fene,  celebrouse a cerimonia de entrega de premios dos devanditos concursos.

Houbo unha actuación estelar que correu a cargo do Coro da Rá e, paralelamente, procedeuse á apertura da exposición dos traballos elixidos no concurso En Galego? É o noso!

Posteriormente, e coa presenza e palabras pertinentes do Secretario Xeral de Política Lingüística, do Alcalde de Fene e da Concelleira de Cultura de Fene, foron entregándose os premios correspondentes ás edicións deste ano.

Por parte do noso instituto, foron obsequiados, no apartado de microrrelatos,  Xiao Calvo Sanjurjo, de 1º ESO e Noelia Freire Fernández, de 4º ESO.

No aspecto plástico, o premio que nos concederon como instituto, xa que eran premios colectivos,  foi polas obras realizadas polo alumnado de 1º ESO seguinte: Nathaly Mirella Gómez Pablo, que ilustrou un poema de Eva Veiga,  María González Romero, que ilustrou un poema de Matilde Castro, Celeste López Codesido, que ilustrou un poema de Antón Cortizas, Cristina Alonso López, que ilustrou un poema de Paula Carballeira e  Teo Castro Santiago, que ilustrou un poema de Eva Veiga.

Parabéns a todos/as os participantes e aos premiados/as.