Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

2º ESO

Ciencia na Fundación Barrié

O venres 28 visitamos a sé da Fundación Barrié. Había distintas mesas-obradoiro sobre distintos temas científicos. Estaban dirixidas por alumnos que cursan o grao de Bioloxía na UDC, acompañados dos seus respectivos profesores. Nas mesas desenvolvíanse aspectos coma os seguintes: Microscopios con mostras para a observación de  microalgas, bacterias, lévedos… Tamén había placas para ver o crecemento das colonias bacterianas. Noutra mesa podían apreciar distintos tipos de vermes vivos, e aí explicábanlles aos rapaces que algúns –os poliquetos- eran acuáticos, outros terrestres…, estaba por exemplo a miñoca –un oligoqueto-, e había larvas de escaravello, etc. En total eran quince mesas aproximadamente, e todas interesantísimas. Nunha aprendían as técnicas xenéticas que se empregan  para diferenciar machos de femias (naqueles casos nos que non hai dimorfismo sexual). ..

 

 (Fotos: Mario S. García)

Os rapaces estiveron encantados en todo momento coa experiencia, que foi moi gratificante. Pero o mellor de todo é que os monitores os felicitaban polo moito que sabían. Dinos unha das profesoras acompañantes do noso centro, dona Cristina Viqueira, que a eles, aos profes, lles caía a baba, oíndo como enxalzaban o grao de coñecemento dos nosos alumnos, de 2º da ESO.

Son estas as experiencias que ennobrecen a Fundación Barrié,  da mesma maneira que ennobrecen a nosa cidade.

Concluímos coas palabras que a prof. Viqueira lles dirixiu aos nenos: “Vedes como desfrutastes? E por que desfrutastes tanto aprendendo? Porque xa sabiades algo, xa levabades unha base. Iso é moi importante. E é que o saber é bonito, non é necesariamente aburrido”.

Tamén colaboraron, do noso claustro, os profesores Mario S. García e Nieves L. Agrasar.

 

Que haxa máis experiencias enriquecedoras coma esta!


 

Video dos proxectos de estruturas de 2º de ESO, curso 2013/14

Aínda podedes ver algúns destes proxectos na Biblioteca do centro. Alí están expostos.


 

Concurso de decoración navideña

 A clase de 2º ESO A gañou o concurso de decoración navideña das aulas. O premio, se aínda é pouco o mérito de gañar, foi disfrutar dun chocolate con churros nun coñecido establecemento da cidade. Velaiquí as fotos. Noraboa!

 

 
 

 

   

A visita dun representante da Fundación Vicente Ferrer

No último trimestre de 2011, a ONG Vicente Ferrer púxose en contacto connosco para impartir unha conferencia no noso centro e dar así a coñecer o labor en India desa ONG (un labor que se centra basicamente en escolarizar a rapaces que doutro xeito dificilmente o lograrían, e intentar desterrar os prexuízos e as diferenzas absurdas provocadas pola división dos seres humanos en castes, e en igualar en oportunidades a uns e a outros con independencia do sexo). A autora da foto é Yolanda Ferrer, e o fotografado é o conferenciante, fillo adoptivo do propio Vicente Ferrer. Hai que dicir que fascinou os alumnos e que non perderon detalle das súas verbas. E, como se ve na foto, o día era de moita chuvia.

Distribuir contido


by Dr. Radut