Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2018-2019

Actividades curso 2018-2019

Concurso de decoración navideña de aulas de 1º e 2º de ESO

Premiados 1ºB, 1ºD e 2ºB. NORABOA!

Fotos do chocolate con churros de 1ºB:

Fotos do chocolate con churros de 1ºD:

Fotos do chocolate con churros de 2ºB:

Charla da profesora de fisioloxía vexetal da UDC Ángeles Bernal Pita da Veiga

O alumnado de Bioloxía de 1 e 2 de bacharelato asistiron no salón de actos a unha charla da profesora de fisioloxía vexetal da UDC Ángeles Bernal Pita da Veiga titulada “ Por que cambian de cor as plantas no outono” que resultou moi interesante.

Conferencia do escritor Emilio Pascual

As conferencias do escritor Emilio Pascual estiveron dirixidas ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato e organizadas polo Departamento de Lingua Castelá.

Guillermo Alonso-Jáudenes Paz, de 2º de Bacharelato, gañador da XIV Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega) 2019

Noraboa!!

XIV Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega) 2019 celebrada na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

Os alumnos (Guillermo Alonso-Jaúdenes, Helena Cal, Alfredo Chavert e Lucía Granados) estaban acompañados polo profesor de Bioloxía Manuel Blanco.

Guillermo recibindo o premio:

Ver máis fotos.

A noticia na Voz de Galicia:

Olimpíada Filosófica de Galicia 2019

O 18 de xaneiro asistiron un total de nove alumnos á Olimpíada Filosófica de Galicia que se celebrou na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela.
 
Tres eran alumnas de ESO, en concreto de 4D (Noa Gómez Remuiñán, Lidia Nyamsi Hermida e Ana Martina Tomé) e as tres presentáronse dentro da modalidade ‘Dilema Moral`. 
 
O grupo de primeiro de Bacharelato presentouse á modalidade de ‘Disertación Filosófica’ e estivo composto polos seguintes seis alumnos: Karen Tatiana Silva Montañez, de 1°B, Carlota Creus Carrasco, Mariana Rodríguez Tubio e Diego Sanmartín Prieto, os tres de 1°C, así como Carla Costoya Amenedo e Lucía Freijido Novo, as dúas de 1°E.

Estiveron acompañados polo profesor de Filosofía Benito Arbaizar.

Ver máis fotos

 

O Instituto Eusebio participa na Olimpíada Matemática Galega 2019

Alumnos do Instituto (Almudena Alonso-Jáudenes Paz, Marcial Seoane Casado e Ángela Martínez Loureiro de 1º BACH; Nacho Cancela Antelo, Antón Franco Cousillas, Martín García Franco, Francisco Gómez Fernández, Miguel Ramírez Eirís, Lucas Dans Pérez e Javier González Lagoa de 2º BACH) participan na Olimpíada Matemática Galega 2019 que se celebra na Facultade de Matemáticas de Santiago, acompañados polo profesor de Matemáticas Luis Rodríguez.

(ver máis fotos)

A alumna Almudena Alonso-Jáudenes Paz (de 1º Bach), unha das participantes do noso Instituto, foi entrevistada no Telexornal Galicia de RTVE1 (minutos 2:43 e 10:37):

 

Visita ao CITIC da UDC

Hoxe os alumnos de TIC de segundo de bacharelato visitaron o Centro de Proceso de Datos do Centro de Investigación das TIC (CITIC) da Universidade de A Coruña, acompañados polo profesor Mario S. García.

Aproveitaron tamén para coñecer os estudos e saídas profesionais na Facultade de Informática, da man do profesor José M. Andión. Agradeceron os agasallos recibidos e o interese dos anfitrións con eles.

 

Charla do catedrático e académico José Antonio Pascual

Dirixida ao alumnado de 3º de ESO e organizada polos departamentos de Lingua Castelá e Inglés.

Ligazón á web da RAE.

 

O Instituto e o Grupo de Traballo Escola Embaixadora do Parlamento Europeo organizan charlas-coloquio sobre a Unión Europea

O Instituto e o Grupo de Traballo Escola Embaixadora do Parlamento Europeo organizan charlas-coloquio sobre a Unión Europea.

Estarán José Blanco (Eurodeputado do PSOE) o 14 de decembro ás 10:30 h, e Horacio Díez (Coordinador do Proxecto EEPE) o 18 de decembro ás 9:20 h, no Paraninfo do Instituto.

 

 

Charla-coloquio con Pepe Blanco (facer clic na foto para ver máis):

 

Charla-coloquio con Horacio Díez (facer clic na foto para ver máis):

Felicitación de Nadal da Biblioteca e do Equipo de Dinamización Lingüística

A Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística quere felicitar o Nadal e desexar un venturoso 2019 a toda a Comunidade Educativa e condidadáns a través dos vídeos elaborados coa colaboración do alumnado de 1° de ESO, representando "os nenos da variola", e un grupo de profesoras, dando voz a cinco mulleres ilustres na historia da cidade. Estes vídeos están inseridos nas campañas "Ciencia en feminino" e "Non mires para outro lado: coida o teu medio", así como as "Escolas Embaixadoras de Europa", de traballo preferente no presente curso escolar.
Agradecemos a enorme colaboración e adicación de alumnado e profesorado nesta tarefa.
Bo Nadal e venturoso 2019!

Concurso de postais de Nadal

Premiados:

1º Premios:
3ºD
Laura Villa Latas
Eugenia Roca Capdevila Accesits: 2ºD
Brigitte Mª Dextre Arce 2ºA
Mirian Jorge Hernanz 1ºD
Teo García Nicolás
Sofía Martínez Díz-Loi

Plan Proxecta 2018-19 - "O desafío do Sil"

O IES Eusebio dá Garda proxecta a preestrea do documental, “Ou desafío do Sil”, presentado por Manolo Gómez, produtor executivo, gañador de 2 Goyas.
A cinta repasa os diferentes puntos de vista, os desafíos, o impacto ambiental e o proceso de construción dos saltos do río Sil entre 1945 e 1965.

Visita de 2º Bacharelato á Feira das Universidades 2018

O evento UNITOUR é unha grande oportunidade para os alumnos, e tamén os pais, de achegarse ás distintas opcións de futuro universitario no noso país, da man dos representantes desas institucións. Foron acompañados polos titores e pola Coordinadora de Bacharelato.

Antes de partir ao evento, posaron para o recordo:

Visita de 1º de ESO á Casa das Ciencias e ao Acuario

O alumnado de 1ºESO visitamos a Casa das Ciencias onde participamos das actividades interactivas que ofrece o museo sobre péndulos e física xeral. Ademáis desfrutamos dun pase privado no Planetario que nos recordaba o que xa vimos nas primeiras unidades da materia de Bioloxía e Xeoloxía: o Sistema Solar e a historia da Astronomía.

Tamén fumos ao Acuario, onde dentro do noso Plan Proxecta “O noso mar, o noso sutento” déronnos una charla sobre o preocupante problema da contaminación dos océanos polos plásticos. No mesmo Acuario visitamos as diferentes salas aprendendo máis sobre a Hidrosfera e a Biodiversidade mariña.

Foron acompañados polas profesoras Noemí Díaz, Nuria Berdiales, Nuria Bello, Eva Mariño, Carmen López, Rocío Rodríguez, Eugenia Pérez, Elisa Crespo e María Viturro.

 

 

Táboa Periódica dos elementos químicos.

Para darlle a benvida ao ano 2019, declarado pola IUPAC como ano internacional da Táboa Periódica, os alumnos de 3º ESO fixeron a súa particular homenaxe, elaborando esta táboa “interactiva” baixo a coordinación da profesora de Física e Química Minia Prego. Abrindo a tarxeta correspondente a cada elemento, poderemos coñecer algunha curiosidade sobre el.

Distribuir contido


by Dr. Radut