Skip to Content

Actividades curso 2018-2019

Actividades curso 2018-2019

Alumnos de 1º ESO reciben o 2º e 3er premio da I Edición dos Premios Isabel Zendal

Ryu Tenreiro e Javier Cámara, reciben o segundo e terceiro premio respectivamente da I Edición dos Premios Isabel Zendal de promoción do pensamento crítico, outorgados pola Universidade da Coruña.

O obxectivo dos premios é promover os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do coñecemento, a ciencia e os seus métodos e a refutación das pseudociencias, así como a loita contra a difusión de enganos e noticias falsas.

Os traballos foron supervisados por Noemí Díaz, profesora de Bioloxía e Xeoloxía, con quen previamente traballaron a práctica do escepticismo, entendido como o pensamento crítico e racional como ferramenta para a comprensión do mundo e a toma de decisións na vida diaria, así como a aplicación do método científico de cara a destapar ás pseudociencias e recoñecer a manipulación e difusión de noticias e crenzas falsas.

La Voz de Galicia (2 de xullo de 2019):

Alumnos de 2º BACH e a Directora Isabel Ruso en Radio Coruña en directo da Cadena SER: Selectividade

Interveñen os alumnos Cristina Taboada, Miguel Ramírez y  Antonio Maroño.

 

AUDIO:

 

Teñen a palabra ..... Grandes monologuistas interiores

"Teñen a palabra ..... Grandes monologuistas interiores".

Este título recompila unha serie de monólogos interiores realizados polo alumnado de 4 ESO C e D, coordinados pola súa profesora de Lingua galega e literatura, Teresa Pastor Novo. Logo de estudar a narrativa dos anos 60, focalizda sobre todo na Nova Narrativa Galega, o dito alumnado elaborou os seus traballos seguindo a técnica da "corrente de conciencia", emulando o célebre personaxe de Balbino, de "Memorias dun neno labrego". Asemade, esta actividade serviu para renderlle unha merecida a o insigne escritor Xosé Neira Vilas.

TRABALLO TRIMESTRAL BIOLOXÍA E XEOLOXÍA. 1º DE ESO (A e D)

Investigación e documentación realizada polo alumnado sobreespecies animais ou vexetaisdos mares da nosa contorna próxima. describindo o lugar que ocupa e a importancia que teñen no ecosistema, as relacións que teñen con seres vivos doutras especies que comparten o seu hábitat, se se atopan en perigo de extinción ou non, e o que suporía a súa eliminación no ecosistema, facendo fincapé en cales poderían ser as consecuencias para nós.

Os traballo será incluido dentro do Programa Proxecta “O Noso Mar, o noso sustento” que estamos a desenvolver todo o alumnado de 1º de ESO.

Coordinado por Nuria Berdiales Nortes (Profesora de Bioloxía e xeoloxía).

VÍDEOS:

Antonio Pérez

Celia Estévez, Olivia Pato e Andrea Rodríguez

Celia Veiga, Ha Nul Kim, Sofía Martínez

Claudia Deus, Teo García e Elba Cardesín

Elsa Tomé

Jorge Estévez, Eduardo Milia, Nicolás Rodríguez, Iago González e Antonio Padín

Julia Medín, Miriam Cea e Ainara Gomes

Mario Pérez, Pablo González, Xairo Pena e Juan Pablo Ríos

Santiago Vilas, Antón Fuentes, Samuel Sanmartín, Alfonso Salazar e Meteo Dieste

Usué Valencia, Alba Neira e Sabela Seijal

Lucas Piñeiro, Leila García, Simran Vasco e Silvia Carballo

Charla do enxeñeiro Héctor Gómez Díaz

O enxeñeiro monfortino de camiños Héctor Gómez Díaz, actualmente na Purdue University, dou unha charla moi interesante dirixida ao alumnado de ciencias de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Estivo acompañado pola responsable de premios, Íngrid Aznar Juncà,da Fundación Princesa de Girona (que premiou a Héctor Gómez) e polo Xefe Territorial de Educación da Coruña Indalecio Cabana.

Envía o teu nome a Marte !!!

 Podes enviar o teu nome a Marte na misión Mars 2020 da NASA. Está programada para ser lanzada en xullo de 2020 dende Cabo Cañaveral, e espérase a súa chegada en febreiro de 2021 no cráter Jezero. Ten como obxectivo investigar o entorno astrobiolóxico, procesos xeolóxicos, habitabilidade, etc.

Graduación da promoción 2º Bacharelato 2019 diúrno

O 16 de maio celebramos a festa de graduación do alumnado de 2º de bacharelato diúrno. Fixemos a macro foto nas escaleiras ás seis en punto e logo desprazámonos ao salón de actos da Facultade de Economía e Empresa que xentilmente nos cede o Decanato desa facultade e a Universidade da Coruña. Alí dirixiuse aos presentes en nome do claustro o catedrático de Matemáticas Don Mario Juiz López, e respondéronlle, en nome do alumnado, Lucía Granados Pazos y Pablo Besiga González-Tejero. A presentación do acto estivo a cargo dos alumnos Azahara Palombo Abeleira e Manuel González Balayo. Actuaron Pablo Besiga, Marcos Rodríguez, David Twine, Manuel Gómez e Alejandro Paredes. Esta promoción foi particularmente boa: temos propostos para matrícula a once graduados. Parabéns á promoción do 2018-19, ás súas familias, e ao seu profesorado!

Noticia na Voz de Galicia: