Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Observación astronómica nocturna na terraza do Instituto

O pasado 25 de outubro tivo lugar unha xornada de divulgación astronómica para o profesorado do IES Eusebio da Guarda, realizada na azotea do edificio. 

Organizada polo profesor Luis Javier Rodríguez do Departamento de Matemáticas, foi impartida por Pedro Pablo Campo, investigador e divulgador do Observatorio Astronómico "Ramón María Aller" da USC e financiada pola Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) do Ministerio de Economía, Industria e Competitividad.

Tras unha charla explicativa previa sobre os obxectos a observar, que tivo lugar no Salón de Actos ás 19:30 h., fíxose a observación na terraza do instituto nun lugar antigamente destinado á observación meteorolóxica.

Durante a mesma púidose ver Saturno cos seus aneles, a Lúa, unha estrela triple, unha nebulosa e un cúmulo de estrelas. 

 

Intercambio de Francés con Fontenilles

Os alumnos de Fontenilles xa están aquí:

 

Alumnos de 3º de ESO estiveron traballando duro para preparar os carteis da exposición para o intercambio con Fontenilles e que colgarán no Instituto:

(Pinchar na foto para vela máis grande e para ver máis)

Jorge Manuel Blanco Rodríguez, premio extraordinario de Bacharelato 2016/17. NORABOA !!!

Acadou coa máxima cualificación o premio extraordinario de bacharelato do curso 2016/17, co que se recoñece a excelencia educativa deste noso exalumno. O galardón está dotado con 1000 €, entre outras vantaxes.

 Resolución no DOG

 

Participación nunha actividade de sensibilización ambiental

O pasado xoves día 5 de Outubro os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º da E.S.O. do grupo A realizaron unha actividade de sensibilización ambiental na praia de Riazor xunto cos profesores Marta Vázquez e David Vieito

A actividade a organizaba a Asociación Mar de Fábula e consistía en buscar e recoller anacos e obxetos de plástico que trouxera o mar para logo realizar figuras e pezas artísticas con eles. Para elo contaron coa axuda dos artistas noruegos Prestgaard e Andersen. Nas súas redes sociais pódense ver varias pezas dos nosos alumnos:
 
 
 
 

Visita de alumnos ao CITEEC da Escola de Caminos, Canais e Portos

O pasado día 10 de outubro, un grupo de alumnos de segundo de bacharelato da asignatura Tecnoloxía Industrial, acompañados pola profesora Rosa Fernández Salmonte e o profesor Mario S. García, tiveron a oportunidade de coñecer varios laboratorios que a Escola de Camiños, Canais e Portos  (CITEEC) ten para investigación. Como en ocasións anteriores, poideron desfrutar das explicacións que os anfitrións lles deron sobre hidráulica, dinámica de fluidos e probas de materiais entre outras, incluindo un espectacular ensaio sobre unha barra de aceiro (ver foto).

 

 

(Fotos: Mario S. García)

 

Segunda visita ao CERN

 

O pasado venres 22 de setembro, e ata o 26, os alumnos de Física de segundo de bacharelato viaxaron Xenebra para visitar o Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN). Foron acompañados polas profesoras Mª Carmen Díaz Cabanas e Teresa Fraga. A viaxe foi unha experiencia inesquecible tanto desde o punto de vista dos alumnos como das acompañantes. Pódense ver as fotos neste enlace.

 


 

Centenario de Fernando Rey (1917 - 2017)

Días de cine dedícalle unha extensa homenaxe, onde sae o Instituto Eusebio da Guarda:

 

O fillo e a neta de Fernando Rey visitan o Eusebio da Guarda, instituto onde estudou o famoso actor:

Jorge Manuel Blanco Rodríguez número un nos premios extraordinarios de bacharelato

O noso alumno de 2º de bacharelato Jorge Manuel Blanco Rodríguez, obtivo a máxima cualificación na convocatoria 2016-17 dos premios extraordinarios de bacharelato.

Parabéns!!!

Fondo solidario de libros de texto

 

Relación provisional de admitidos e de excluídos

(ver os arquivos adxuntos)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut