Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

V MARATÓN DE LECTURA SOLIDARIO

MARATÓN DE LECTURA SOLIDARIO

Hoxe, 26 de febreiro de 2018, estamos a celebrar o V Maratón de Lectura no salón de actos. Desde primeira hora, moitos voluntarios, foran alumnos, ensinantes, amigos,... amosan a súa vontade de manter a chama da nosa lingua acesa sen interrupcións ata as dez da noite e ademáis de conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro. E non só iso, unha urna serve para recoller os donativos que serán entregados á Cociña Económica da nosa cidade. Grazas a todos por participar!

O IES Eusebio da Guarda recibe a Mención Especial do programa de Educación Financiera ABANCA Obra Social

O IES Eusebio da Guarda recibe a Mención Especial ao centro educativo ao fomento do programa de Educación Financiera ABANCA Obra Social nos Premios Educa ABANCA "Mellor Docente de España 2017".

A profesora de economía, Ana Rey, a vicedirectora, Teresa Fraga e a directora Isabel Ruso recollen o premio.

Participación na V Olimpíada Filosófica de Galicia

 

Estudantes do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda participaron o venres 16 de Febreiro na edición da V Olimpíada Filosófica de Galicia, celebrada na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. O alumnado de 4º ESO (Pablo García Lagoa, Marcial Seoane Casado, Mapi Corominas Eiras e Almudena Alonso-Jáudenes Paz) participaron na modalidade de Dilemas Morais, mentres que estudantes de 2º BAC (Lucía Blanco Miguéns, María Iglesias Insua, Alejandro Rodríguez Fernández e Nicolás Fernández Gómez) realizaron unha Disertación Filosófica sobre “Pode a utopía converterse en revolución?”. Acompañou nesta actividade a profesora Nieves López Agrasar, do Departamento de Filosofía.

 

O resultado da competición saberase en datas próximas.

Campus científicos de verano 2018

Para alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato

Prazo: do 16 de febreiro ao 9 de marzo

 

Ligazón

 

Intercambio con Italia

43 alumnos de 1º de Bacharelato están de intercambio con Carpi e Verona dende o 15 ao 22 de febreiro, acompañados polas profesoras Carmen Aquino, Teresa Fraga, Beni Vidal e a directora Isabel Ruso.

 

Celebración do Entroido 2018

Os alumnos de 1º e 2º de ESO celebrando o Entroido.

Conmemoración do Día Internacional da muller e a nena na ciencia coa actividade titulada “Investigando as mareas vermellas"

O pasado xoves 8 de febreiro visitounos a bióloga Pilar Rial Rodríguez do Centro Oceanográfico de Vigo (Instituto Español de Oceanografía)  para desenvolver unha Xornada científica coas alumnas e alumnos de 1 bac do noso Instituto, conmemorando así o 11 de febreiro Día Internacional da muller e a nena na ciencia. Coa actividade titulada “Investigando as mareas vermellas” pretendeuse destacar o papel da muller na ciencia, a través de testimonios de mulleres científicas do departamento de Mareas Vermellas e Fitoplancto tóxico así como motivar ao alumnado a mergullarse neste mundo a través de pequenas experiencias no laboratorio con mostras de microalgas das nosas Rías.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2018

Axudas da Consellería de Educación para alumnado de ESO e BACHARELATO.

Prazo: dende o 8 de febreiro ata o 7 de marzo.

Ligazón

 

Intercambio con Stamford

Do 7 ao 14 de febreiro recibimos aos alumnos de "Stamford Endowed Schools" en Lincolnshire, nunha actividade de intercambio cos nosos alumnos de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato coordinada pola profesora de inglés Ana Mª Rodríguez Cabanela e acompañados polo profesor Sebastián Selas.

 
 

Chocolate para os alumnos de 1ºD que gañaron o concurso de Nadal 2017 de 1º de ESO

Desfrutando da chocolatada acoompañados do seu titor David Vieito e da directora Isabel Ruso. Noraboa aos gañadores!

30 de xaneiro: Día Escolar da non Violencia e da Paz

Os alumnos de 4º de ESO celebraron o Día Escolar da non Violencia e da Paz.

(facer clic na imaxe para ir ao Faro de Sofía)

Charla-coloquio con exparlamentarios

Os alumnos de Oratoria de 1º de Bacharelato tiveron un encontro cos exparlamentarios Ángel R. Mesa, Mª Esther D. Fontán e Ana L. Bouza, nunha actividade coordinada polo Departamento de Lingua Galega.

(La Opinión A Coruña, 30 de xaneiro de 2017)

 

Primeira actividade do Club de Ciencia do Eusebio

O pasado 23 de xaneiro os membros do Club de Ciencia do Eusebio reuníronse para investigar nos planetas do Sistema Solar e facer unha actividade en torno ao Venus. Como se foran científicos, as seis rapazas e dous rapaces xunto aos profesores Minia Prego, Luis J. Rodríguez e Mario S. García mediron parámetros en varias fotografías co fin de atopar o diámetro do planeta. Aínda máis, compararon as distintas fases que amosa en relación coa distancia á Terra.

Hai que agradecer a laboura que científicos do Instituto Astrofísico de Canarias desenvolven para axudar á comunidade escolar. 

 

Participación na OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA

Os alumnos de 1º de Bacharelato, Guillermo Alonso-Jáudenes Paz, Alfredo Chavert Sancho, Sabela Tembrás López, e de 4º ESO, Ángela Martínez Loureiro participaron na OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA (1ª FASE DA LIV OLIMPIADA MATEMÁTICA ESPAÑOLA, a instancia do Profesor Luis Javier Rodríguez González do Departamento de Matemáticas, promovido pola RSME (Real Sociedad Matemática Española) e que tivo lugar o venres 19 de Xaneiro de 2018 na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.

Cabe resaltar o esforzo realizado na preparación e na realización da proba xa que competiron con alumnado doutros centros e de cursos de 2º de bacharelato e, en moitos casos, con alumnado pertencente ao programa ESTALMAT (programa de estimulación do talento matemático da Facultade de Matemáticas da USC).

Merece especial mención a alumna de 4ª de ESO Ángela Martínez que obtivo unha puntuación de 30 puntos sobre 42 do total da proba.

 

Premios EDUCA ABANCA 2017. Mejor Docente de España.

Este Instituto recibiu unha Mención Especial ao fomento do programa de Educación Financieira ABANCA Obra Social, por unha actividade desenvolvida polos alumnos de 4º de ESO de Economía dirixida pola profesora Ana Rey. Noraboa aos alumnos e á profesora!

Chocolate para os alumnos de 2ºD que gañaron o concurso de Nadal 2017 de 2º de ESO

Velaiquí a foto dos gañadores, acompañados pola súa titora, Minia Prego, e pola directora do centro, Isabel Ruso de Lago. Parabéns!

 

Charla presentación dos estudos de ESADE

Ana Isabel Fernández presentou os estudos de ESADE nunha charla dirixida ao alumnado de Economía de Bacharelato.

Exposición fotográfica da asociación A.I.R.E.

A Asociación Integral de Rescate en Emergencias (A.I.R.E.) desenvolve un proxecto de concienciación social sobre as migracións forzosas e as persoas refuxiadas, cunha exposición fotográfica de Irisi Durán e Muhammad Ali.

 

Patinaxe de alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO

Unha actividade organizada todos os cursos polo Departamento de Educación Física.

Distribuir contido


by Dr. Radut