Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Primeira actividade do Club de Ciencia do Eusebio

O pasado 23 de xaneiro os membros do Club de Ciencia do Eusebio reuníronse para investigar nos planetas do Sistema Solar e facer unha actividade en torno ao Venus. Como se foran científicos, as seis rapazas e dous rapaces xunto aos profesores Minia Prego, Luis J. Rodríguez e Mario S. García mediron parámetros en varias fotografías co fin de atopar o diámetro do planeta. Aínda máis, compararon as distintas fases que amosa en relación coa distancia á Terra.

Hai que agradecer a laboura que científicos do Instituto Astrofísico de Canarias desenvolven para axudar á comunidade escolar. 

 



blog | by Dr. Radut