FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Horarios e profesores______________________________[Despregable]
3.º ESO |
||||
Horarios | Profesores/as |
Programación | Traballo a distancia | Documentos |
|
Titora |
Lingua e literatura castelá |
|
|
|
Titora Margarita Tato Bonome |
Oratoria | ||
|
José Luis Mayobre | Matemáticas | ||
Amparo Arias | Inglés (1ª lingua estranxeira) | |||
Micaela Rei |
Portugués (2LE) |
|||
Miguel G. Valencia | Xeografía e Historia | |||
J.J Guillín | Física e Química | |||
María José Fernández | Bioloxía e Xeoloxía | |||
Pedro Cantero | ||||
Raquel Sierra Olga Cabalar |
Proxecto competencial |
|||
Raquel Sierra |
Educación Dixital |
|||
Marta González |
Educación plástica, visual e audiovisual | |||
Olga Cabalar |
Música | |||
Ánxela Cabanas |
Educación en valores cívicos e éticos |
|||
Manuel Vales |
Relixión Católica |
3.º ESO
Cesta da cafetaría
Enviado por admin o Sáb, 23/12/2017 - 14:48Jesica, responsable da cafetería escolar, entregou un ano máis a cesta da rifa.
Final e entrega de premios do XX Campionato de Polinomios
Enviado por admin o Dom, 03/12/2017 - 20:21Logo de máis dun mes de partidas diarias nos recreos, este venres chegamos á final do XX Camipionato de Polinomios. Na entrega de premios participou un ano máis a directiva da ANPA O Castro. Os finalistas foron o equipo ALPHA formando por Lidia Domínguez e Carolina Fernández e o equipo RAÍZ DE -X, que se proclamou gañador, integrado por Nicolás Nieto e Jhonatan Rodríguez. Parabéns a todos os participantes e ao departamento de Matemáticas pola impecable organización e desenvolvemento desta actividade.
Contras as violencias machistas
Enviado por admin o Sáb, 25/11/2017 - 13:28
Na véspera do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, o alumnado de 2º, 3º, 4º ESO e 1º bacharelato asistiu a unha charla coas integrantes do Patronato Concepción Arenal. O acto estivo integrado na campaña En negro, contra as violencias.
Tamén se proxectou o video coordinado polas profesoras Olga Cabalar e Begoña Allegue sobre os estereotipos machistas na publicidade. Observade con atención como se trataba á muller hai tan só unhas décadas e como o alumnado da ESO e Bac. lle deron a volta.
Campionato de fútbol sala
Enviado por admin o Mér, 08/11/2017 - 21:04Esta semana comezou o campionato de fútbol no pavillón. Nos recreos dos martes e xoves xogarase o torneo feminino e os luns, mércores e venres, o masculino. Bos partidos e grande afección.
Reunión dos titores/as coas familias (Martes, 24 de outubro)
Enviado por admin o Mér, 18/10/2017 - 12:38Horarios 2017-2018
Enviado por admin o Dom, 17/09/2017 - 15:32Calendario de setembro
Enviado por admin o Lun, 28/08/2017 - 13:51
2.º Bacharelato |
||||
|
EXAMES |
Venres, 1 de setembro |
Ver horario |
|
ENTREGA DE NOTAS |
Martes, 5 de setembro |
11:00 horas |
||
RECLAMACIÓNS |
Martes, 5 de setembro |
Ata as 14:00 horas |
||
ABAU (www.ciug.gal) |
||||
|
Prematrícula no centro |
Mércores, 6 de setembro |
- Solicitude |
|
Probas |
Martes, 12 de setembro |
ESO |
|||
|
EXAMES |
Venres, 1 de setembro Luns, 4 de setembro |
Ver horario |
ENTREGA DE NOTAS |
Mércores, 6 de setembro |
11:00 horas |
|
RECLAMACIÓNS |
Mércores, 6 de setembro Xoves, 7 de setembro |
Ata as 14:00 horas |
|
Matrícula (do 1 ao 10 de setembro) |
|||
|
ESO (2º, 3.º e 4.º) |
Mércores 6 |
|
Adultos |
Do 1 ao 10 de setembro |
|
|
FP Básica |
Ata o 10 de setembro |
|
Comezo do curso 2017-2018 |
|||
ESO |
Presentación |
Venres, 15 de setembro |
12:00 – 14:25 horas |
Adultos |
Presentación |
Luns, 25 de setembro |
16:30 horas |
Familias |
Recepción da dirección |
Martes, 26 de setembro |
18:15 horas |
Fondo solidario de libros de texto (ESO) - Listaxe provisional
Enviado por admin o Sáb, 15/07/2017 - 12:29Listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto para o curso 2017/2018:
+ Información sobre libros de texto:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesdemugardos/?q=node/1566
Despedida dos contratos-programa: PROA, Escala na Escola, Igualdade.
Enviado por admin o Xov, 15/06/2017 - 22:29Esta semana despedimos os denominados contratos programa asinados entre o centro e a consellería para o desenvolvemento de tres importantes accións formativas. Por unha banda, o Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA); o programa de excelencia Escala na Escola (foto)que participaron nunha chea de iniciacitivas científicas; e o programa de igualdade que mañá despedirase cun grande "mercadillo" de produtos propios con recadación de fondos para unha ONG.
Eleccións, 2017
Enviado por admin o Dom, 28/05/2017 - 14:37O venres, 26 de maio, celebramos no IES de Mugardos a festa da democracia. Desde o departamento de Xeografía e Historia levouse a cabo un simulacro de eleccións. Trátase dunha actividade que incide en valores tan importantes na educación como a tolerancia, o respecto e a calidade democrática.
O proceso electoral transcorreu sen incidentes, cunha alta participación do censo. Os candidatos foron madrugadores á hora de exercer o seu dereito ao voto. Velaquí as imaxes do momento.
|
|
Programa de excelencia: Escala na Escola
Enviado por admin o Xov, 25/05/2017 - 19:09Este mes chega ao seu fin o programa de excelencia "Escala na Escola" que veu animando a vida do instituto durante os mediodías dos martes. Nesta convocatoria funcionaron como un auténtico club científico no que tiveron oportunidade de achegarse a prácticas de laboratorio, aula de tecnoloxía e preparación e participación en concursos matemáticos. Ao programa inicial, aprobado dentro dos contratos-programa coa Consellería, unironse experiencias como a elaboración de trampas para avespas velutinas ou unha "clase invertida". Dun xeito ou doutro participou a totalidade do profesorado dos departamentos de ciencias, pero o labor principal recaeu na coordinadora e xefa do departamento de matemáticas, Covadonga Rodríguez-Moldes.
Eleccións 2017
Enviado por admin o Mér, 24/05/2017 - 22:07Tras a creación de partidos, proclamación de candidaturas, campaña electoral e debate... este venres o censo electoral do IES de Mugardos poderá exercer o dereito ao voto.
Operación Futuro: cadernos de orientación académica e profesional (2017)
Enviado por admin o Dom, 21/05/2017 - 14:53Reunión de Orientación cos pais e nais do alumnado de 3.º ESO (23 de maio)
Enviado por admin o Xov, 18/05/2017 - 19:17A ritmo de zumba e hip-hop
Enviado por admin o Lun, 15/05/2017 - 19:06Esta mañá contamos no centro coa presenza de Patricia, monitora do Club de Baile Móvete, que impartiu unha masterclass de baile moderno. Durante catro horas, por quendas de estudantes e profesores, puxo a todo o centro da bailar zumba e hip-hop no pavillón.
Torneo de volei mixto
Enviado por admin o Mar, 09/05/2017 - 19:36Esta semana deu comezo o torneo de volei por equipos mixtos. Os partidos celebraranse durante os recreos no pavillón.
Seleccionados/as para a ronda final do concurso Pangea
Enviado por admin o Xov, 04/05/2017 - 22:16
Velaquí os seleccionados/as do noso centros que poderán presentarse á Ronda Final do concurso matemático Pangea. As probas, que se celebran conxuntamente en moitas cidades españolas, realizaranse este sábado, 6 de maio. No noso caso deberán desprazarse a Vigo. Ánimo e sorte a todos os que acompañados das súas familias se presenten.
Senderismo nas Fragas do Eume
Enviado por admin o Xov, 27/04/2017 - 23:06O alumnado de 3.º e 4.º da ESO puido desfrutar esta semana nas rutas de sendeirismo organizadas polas concellarías de deportes dos Concellos de Ares e Mugardos dentro do programa Deporte Escolar da Xunta de Galicia. A actividade realizouse conxuntamente cos colexios de Ares e Monfero nunha gran xornada de convivencia e actividade física no medio natural.
Na XI Feira Matemática (A Coruña)
Enviado por admin o Dom, 23/04/2017 - 19:54O departamento de Matemáticas participou este sábado na Feira Matemática organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) na cidade da Coruña. Acompañados pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes, o grupo de Escala na Escola mantivo o stand moi concorrido de público ao longo de toda a xornada.
Experiencias (Semana das profesións)
Enviado por admin o Ven, 21/04/2017 - 22:08
No marco da Semana das Profesións, esta mañá tocoulle o turno ás experiencias.Para iso contamos coa presenza de Carolina Iglesias, guionista e youtuber coruñesa nestes momentos afincada en Madrid. Coñecida pola súa participación no programa de humor "Yu: no te pierdas nada" en Los 40 e a canle Percebes y grelos.
Por outra banda, o alumnado de 1.º bacharelato da materia de Fundamentos de administración e xestión expuxeron os seus proxectos presentados ao premio Desafío Emprende.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »