![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Titorías e delegados
Calendario de exames (2.º avaliación)
Enviado por admin o Lun, 01/02/2021 - 20:06ESO |
![]() |
Bacharelato | |||
1.º BAC - A | 1.º BAC B | 1.º BAC C | |||
2.º BAC - A | 2.º BAC - B | ||||
FP Básica "Agroxardinaría e composicións florais" |
|||||
FPB I | FPB II |
NOTA: Estes calendarios, elaborados polas titorías de cada un dos grupos e a Xefatura de Estudos, son un documento orientativo destinado a facilitar a programación e traballo da aula e da casa. En ocasións, algunhas datas das probas poderán cambiarse para adaptarse á marcha do curso.
Reunión das familias cos titores/as (Martes, 23 de outubro)
Enviado por admin o Mér, 17/10/2018 - 13:13Reunión dos titores/as coas familias (Martes, 24 de outubro)
Enviado por admin o Mér, 18/10/2017 - 11:38Reunión das titorías cos pais e nais do alumnado da ESO (17 de xaneiro)
Enviado por admin o Sáb, 14/01/2017 - 12:16Reunión das familas cos profesores titores (18 de outubro)
Enviado por admin o Ven, 14/10/2016 - 18:17Reunión de titoría cos pais e nais do alumnado de 2.º ESO: martes, 12 abril (18:10 horas)
Enviado por admin o Xov, 07/04/2016 - 10:57Buzón SQR
Enviado por admin o Lun, 26/09/2011 - 22:02BUZÓN DE SUXESTIÓNS, QUEIXAS E RECLAMACIÓNS (SQR)
PROTOCOLO DE FUNCIONAMENTO
O obxectivo da implantación deste buzón é establecer o proceso de xestión de suxestións, queixas e reclamacións (SQR) recibidas de calquera membro da comunidade educativa co fin de dar resposta ás mesmas e de dispoñer dos datos cos cales facer unha posterior análise que permita identificar e establecer accións de mellora do centro.
Poderán recibirse SQR de:
- Alumnos/as matriculados e as súas familias.
- Persoal docente e de administradores e servizos do centro.
- Empresas colaboradoras en FCT.
Existirá un formulario para as SQR e un buzón específico no que depositalas. O formulario pode atopalo neste documento e o buzón no cal depositalo está na planta baixa do instituto, ao carón da Secretaría.
A xestión do Buzón corresponderá ao Responsable de Calidade do centro, de habelo, e, no seu defecto, ao equipo directivo.
A xestión consistirá:
- Recoller as SQR con periodicidade semanal, rexistralas e realizar unha primeira análise.
- Determinar a persoa/grupo que realice a análise en detalle.
- Responder aos propoñentes das SQR unha vez que a persoa/grupo dispoña mediante informe o tratamento e a resposta a dar. Esta resposta deberá producirse no prazo de dez días contados a partir da data de recollida da SQR.
- Conservar os rexistros xerados.
- Emitir un informe-resumo anual das SQR recibidas que será presentado ao Claustro e Consello Escolar.
Xustificante de faltas de asistencia
Enviado por admin o Lun, 26/09/2011 - 21:30Xustificante de faltas de asistencia para cubrir os pais, nais ou titores legais dos alumnos/as e entregar ao titor/a.
Tamén figura como documento adxunto que se pode abrir e imprimir.
Impreso: Xustificantes de faltas
Mediadores
Enviado por admin o Sáb, 03/09/2011 - 15:57
MEDIADORAS
|
|
Que é a mediación? Característica da mediación?
E se quero ser mediador? Quen pode ser mediador?
+ Info: Departamento de Orientación |
Alerta Escolar
Enviado por admin o Sáb, 03/09/2011 - 12:47A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria puxo en marcha desde o curso 2007-08, o programa de Alerta Escolar en colaboración coa Fundación 061, que ten como obxectivo a atención inmediata e eficiente do alumnado que presente unha patoloxía crónica e pode desenvolver en calquera momento unha crise.
Este programa posibilitará a súa asistencia e que o profesorado teña cobertura de persoal médico que conte con coñecementos dos nenos e nenas con esta problemática.
