![]() |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
ANPA
Xunta Directiva ANPA "O Castro"
Enviado por anpa o Ven, 23/12/2022 - 12:49PRESIDENTA:
- Eva Mª: Feal García
VICEPRESIDENTE:
- Beatríz Prieto Mauriz
SECRETARIA:
- Isabel Montero Martínez
TESOUREIRA:
- Llésica Piñeiro Giles
VOGAL:
- Mª. Pilar Castiñeira Blanco
Sorteo "Cesta de entroido" (ANPA)
Enviado por admin o Mar, 07/03/2023 - 11:16O número agraciado correspóndelle á papeleta que conteña o 1146
Reunión de titorías cos pais e nais (Martes, 11 de outubro)
Enviado por admin o Lun, 03/10/2022 - 21:07Sorteo dun xamón ibérico (rifas pro-excursión fin de curso)
Enviado por admin o Ven, 03/06/2022 - 13:49No sorteo do xamón ibérico celebrado no primeiro recreo do venres, 3 de xuño, resultou agraciado número 0783
adquirido pola familia Romero Castro de Mugardos. A gozar do magnífico pernil e o alumando de 4.º e 1.º bacharelato conseguiron
deste xeito un bo finanzamento para a excursión de fin de curso que emprenderán o vindeiro luns. Grazas á ANPA pola colaboración.
Cesta de Nadal
Enviado por admin o Lun, 23/12/2019 - 18:23En nome dos agraciados da súa familia, Juan P. recolleu a cesta de Nadal da rifa pro excursión fin de curso de 4.º ESO. O número premiado foi o 6590.
Final e entrega dos premios do XXII Campionato de Polinomios (venres, 22 de novembro)
Enviado por admin o Mér, 20/11/2019 - 20:52VIII PREMIO ESTUDO E DEPORTE
Enviado por admin o Sáb, 29/06/2019 - 11:00
GALA DE ENtREGA DOS PREMIOS E MENCIÓNS
Venres, 21 de xuño
MIGUEL SEOANE, da Agrupación de Montaña e Escalada Bestarruza
MIKEL PASABANT, deportista galego de alto nivel (vela)
A ribeira, da Bestarruza ao cabo Leiras, limpa como un coral
Enviado por admin o Sáb, 15/06/2019 - 11:34O venres pola mañá uns 300 escolares dos catro centros educativos do concello participaron na primeira xornada de limpeza da ribeira de Mugardos e da praia da Bestarruza.
Ao noso alumnado de 1.º e 2.º ESO e mais FPB tocoulles a limpeza do treito costeiro do cabo Leiras. A axuda dos membros da confradía fixo moi levadeiro o traballo. Porén, o máis salientable foi a toma de conciencia do grave problema mediambiental que temos tan próximo e a necesidade de tomar medidas colectivas e individuais para frealo.
Agradecemos a todas as ANPAS, organizadores e colaboradores este gran esforzo mobilizador da sociedade para a educación e o ben común.
Charla sobre a limpeza do litoral
Enviado por admin o Dom, 09/06/2019 - 18:36
|
![]() |
O alumnado de 1.º e 2.º ESO recibiu este venres unha charla preparatoria para afrontar a limpeza da ribeira de Mugardos que terá lugar o 14 de xuño. A información xeral centrouse nos efectos da actividade humana nos océanos e ecosistemas mariños.
Reunión das familias cos titores/as (Martes, 22 de xaneiro)
Enviado por admin o Mér, 16/01/2019 - 10:20Visita ao MC2
Enviado por admin o Sáb, 12/01/2019 - 12:32
O pasado martes, primeiro día de clase de volta das vacacións, o alumnado de 1.º e 3.º ESO realizou unha visita aos MC2: museos científicos coruñeses. Comezaron pola Casa das Ciencias cunha proxección no planetario. O segundo foi a Domus coa proxección de minidocumentais científicos e para rematar no acuario Finesterrae. Unha xornada intensa de curiosidade científica e compañerismo.
Sorteo da cesta de Nadal
Enviado por admin o Lun, 24/12/2018 - 15:47
Este é o número premiado no sorteo da ONCE do día 21 de decembro ao que corresponde a cesta de Nadal na rifa pro excursión fin de curso de 4.º ESO.
A agraciada Pilar Amenedo recolleu a cesta.
Recepción ás familias e asemblea da ANPA
Enviado por admin o Mér, 26/09/2018 - 17:41
A tarde do martes tivo lugar a recepción da dirección ás familias.
Agradecemos a asistencia que un ano máis encheu o Salón de Actos e transmitiu
o compromiso de todos na tarefa común da educación dos nosos alumnos e alumnas.
Feliz curso.
Despedida do presidente da ANPA
Enviado por admin o Dom, 01/07/2018 - 20:07No último Consello Escolar demos unha agarimosa despedida a Luis Manuel Brage Varela. Tras doce anos á fronte das Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as , primeiro no colexio de Franza e os últimos sete cursos na ANPA do instituto, demostrou que se pode pode servir ao ensino público desde todos os sectores, e o da representación das familias é dos imprescindibles. Salientamos del o grande espírito de colaboración, crítica construtiva e boas doses de sentido de humor. Grazas, Manolo!!!
3746: Sorteo da cesta de Nadal
Enviado por admin o Mér, 20/12/2017 - 18:21O agraciado Julio Freire recolleu a cesta.
3746: este foi número premiado coa cesta de Nadal pro-excursión fin de curso de 4º ESO consonte o sorteo do cupón da ONCE do 19 de decembro.
Final e entrega de premios do XX Campionato de Polinomios
Enviado por admin o Dom, 03/12/2017 - 19:21Logo de máis dun mes de partidas diarias nos recreos, este venres chegamos á final do XX Camipionato de Polinomios. Na entrega de premios participou un ano máis a directiva da ANPA O Castro. Os finalistas foron o equipo ALPHA formando por Lidia Domínguez e Carolina Fernández e o equipo RAÍZ DE -X, que se proclamou gañador, integrado por Nicolás Nieto e Jhonatan Rodríguez. Parabéns a todos os participantes e ao departamento de Matemáticas pola impecable organización e desenvolvemento desta actividade.
Magosto e xincana deportiva
Enviado por admin o Sáb, 11/11/2017 - 11:54Este venres celebramos o magosto coas castañas ofrecidas, como en anos anteriores, pola ANPA " O Castro". A continuación, o alumnado de 1.º e 2.º ESO participou na tradiconal xincana deportiva organizada polos compañeiros de 1.º bacharelato dentro da materia de Educación Física.
Lectura continuada de Rosalía de Castro (Concello, 3 de marzo)
Enviado por admin o Mér, 15/02/2017 - 09:06Entrega da cesta de Nadal
Enviado por admin o Ven, 30/12/2016 - 12:24
|
Iván Cao, afortunado O sorteo que conta coa
|
Sorteo da cesta de Nadal: 7476
Enviado por admin o Mar, 20/12/2016 - 09:12
7476: este foi número premiado coa cesta de Nadal pro-excursión fin de curso de 4º ESO consonte o sorteo do cupón da ONCE do 19 de decembro. O agraciado/a pode recoller a cesta no instituto, en horario de mañá. |
Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA "O Castro" (18 de outubro)
Enviado por admin o Ven, 14/10/2016 - 18:13