Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Ciencias Naturais

Exposición e obradoiros "Flora exótica invasora"

23/10/2023 09:00
27/10/2023 14:00
Europe/Madrid

Exposición

Unha ameaza chegada dun espazo exterior

Do 23 ao 27 de outubro, 2023

 

OBRADOIROS

4.º ESO e 1.º ESO

 

 

ASOCIACIÓN AMABUL

 +info: https://www.amabul.org/divulgacion-ambiental/unha-ameaza-chegada-dun-espazo-exterior/ 

 

O Curruncho da Ciencia

Botamos a andar.

Gústache a ciencia e sábelo!

Dende os diferentes departamentos relacionados coa ciencia do IES Mugardos, propoñeremos un calendario con actividades moi interesantes para todo o curso. 

Descobriremos, investigaremos e haberá premios e agasallos pero, sobre todo, divertirémonos polos escrutables camiños da CIENCIA.

Agardámoste no primeiro recreo do vindeiro venres 06 de outubro, diante do Laboratorio.

Cartaz

Visita ao museo de historia natural

A visita ao museo da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol foi o complemento para as clases de Bioloxía e Xeoloxía do alumnado de 1.º ESO. O percorrido guiado pola exposición permitiunos un achegamento ao rico patrimonio natural e a mellor celebración do Día do Medio Ambiente que se celebrou esta semana.

Andaina e ruta matemática na Baliza do Castelo da Palma

Na solleira mañá do venres 2 de xuño o alumnado de 1º ESO desprazouse á Baliza do Castelo da Palma para facer unha ruta matemática, utilizando a app Math City Map, na que precisaron tomar medidas e tirar do seu enxeño para descifrar os diferentes problemas formulados. Distribuíronse en grupos de tres e foron quen de ir superando tódolos retos que se lle puxeron por diante. A tarefa, deseñada en lingua inglesa, é parte das actividades que se propoñen para traballar no coñecemento dos faros da nosa contorna, dentro do Proxecto Faros (eTwinning) no que o Centro colabora con institutos de Portugal, Italia, Chipre e as nosas veciñas de Fene.

Amais, co percorrido de arredor de 5 Km, puidemos seguir dando pasos para acadar o Reto do Camiño Inglés e aproveitamos para identificar especies vexetais e animais e coñecer un poquiño mellor o noso patrimonio arquitectónico e paisaxístico.

Abofé que pagou a pena o esforzo!

 

 

     

Exposición "Coidando o noso mar"

Prácticas no Laboratorio de Ciencias Naturais

  

 

 

Resultados do proxecto "ConóceME. Conoce el medicamento/descubre al farmacéutico"

 

 

  

Recentemente veñen de facerse públicos os resultados do proxecto "CONÓCEME conoce el medicamento/descubre al farmacéutico" na provincia da Coruña. Trátase dun estudo de investigación coas garantías técnicas da SEFAC (Sociedade Española de Farmacia Familiar e Comunitaria) e no que puido participar o curso pasado o noso alumnado de bacharelato.

Os datos presentados demostran que a intervención educativa sobre o uso de medicacmento é necesria e moi útil. Ademais, evidencias ata que medida os adolescentes son usuarios de medicamentos.

Agradecemoslle á farmacéutica comunitaria en Mugardos Nina Villasuso a súa implicación neste proxecto e a educación científica do noso alumnado.

 

 

 

 

 

Visita á Casa das Ciencias

O pasado xoves, 30 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 1.º ESO visitaron a Casa das Ciencias da Coruña. Foi unha mañá moi entretida na que visitaron a sala de exposicións e puideron asistir a unha sesión do planetario. Observamos o ceo nocturno e aprendemos un pouco máis do universo.

Inventario do laboratorio de ciencias naturais

O alumnado de 4.º ESO-B, coa profesora Ana Palmero, leva unhas semanas acomentendo a tarefa de inventariar todo o material dispoñible no laboratorio de ciencias naturais. 

A ribeira, da Bestarruza ao cabo Leiras, limpa como un coral

O venres pola mañá uns 300 escolares dos catro centros educativos do concello participaron na primeira xornada de limpeza da ribeira de Mugardos e da praia da Bestarruza. 

Ao noso alumnado de 1.º e 2.º ESO e mais FPB tocoulles a limpeza do treito costeiro do cabo Leiras. A axuda dos membros da confradía fixo moi levadeiro o traballo. Porén, o máis salientable foi a toma de conciencia do grave problema mediambiental que temos tan próximo e a necesidade de tomar medidas colectivas e individuais para frealo.

Agradecemos a todas as ANPAS, organizadores e colaboradores este gran esforzo mobilizador da sociedade para a educación e o ben común.

Visita ao MC2

 

O pasado martes, primeiro día de clase de volta das vacacións, o alumnado de 1.º e 3.º ESO realizou unha visita aos MC2: museos científicos coruñeses. Comezaron pola Casa das Ciencias cunha proxección no planetario. O segundo foi a Domus coa proxección de minidocumentais científicos e para rematar no acuario Finesterrae. Unha xornada intensa de curiosidade científica e compañerismo.

Bioloxía e Xeoloxía

  1.º ESO  

1.º BAC

 
  3.º ESO   Anatomía Aplicada     
  3.º ESO-PMAR   2.º BAC  
 

4º ESO

     
  Cultura científica         

Visita ao Museo de Historia Natural (Santiago) e viveiro Plantamus (Ordes)

O alumando de 1.º ESO e FP Básica de agroxardinaría tivo a oportunidade onte de visitar as instalacións do viveiro e granxa Plantamus do concello de Ordes. A continuación reaizaron a visita guiada polo Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.

Ciencia en Movemento

A tarde do marte, o alumnado de 1.º ESO compartiu na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) unha clase de ciencias a partir da explicación e experimentación con 50 obxectos científicos. Trátase dunha exposición que leva por título Ciencia en Movemento organizada pola Biblioteca Municipal dentro do programa Ler conta moito.

Stop velutina, charla da Asociación Galega de Apicultura

Rafael Díaz, representante da Asociación Galega de Apicultura (AGA), impartiu a tarde do martes unha conferencia para o alumnado da ESO sobre a importancia ecolóxica das abellas e outros polinizadores autóctonos. Salientou a importancia de frear con trampas neste momento inicial da primavera a expansión das avespas asiáticas.

A actividade estivo impulsada polo Concello de Mugardos.

Eclipse parcial de sol do 20 de marzo

Durante a vindeira mañá do venres 20 de marzo, poderemos observar unha eclipse parcial de Sol. Os datos básicos para os concellos de Mugardos e Ares son os seguintes:

  • Comezo: 9:06 horas
  • Máximo: 10:09 horas
  • Remate: 11:18 horas
  • Duración: 2 horas e 12 minutos
  • Magnitude: 0,80
  • Escurecemento: 76%

  Ese día non haberá clase ao ter a consideración de festivo na comunidade autónoma de Galicia. Recomendamos aproveitar a xornada para profundizar en todos os conceptos científicos e valoracións que suscita este fenómeno. Sen esquecernos de tomar todas as medidas de precacución necesarias, máis se temos menores ao noso cargo. Como en calquera día, non pode observarse o Sol directamente: nin con aparellos, nin filtros nin a simple vista.

Máis información:

- Instituto Geográfico Nacional

- Gciencia

Exposición "Áreas Mariñas Protexidas"

Ao longo deste mes teremos connosco a exposición sobre as Áreas Mariñas Protexidas confeccionada polo CEIDA. A exposición foi cedida polo Concello de Mugardos. A biblioteca elaborou un cuestionario de busca de información.

 

 

Charla sobre primeiros auxilios

Esta semana celebráronse no centro varias actividades relacionadas coa saúde. O alumnado de 1.º e 3.º ESO asistiron a unha charla informativa sobre a diabete impartida por DAMIÁN GARCÍA.

Ademais, esta tarde, o profesor de Anatomía no INEF e especialista en medicina do deporte, CARLOS AGRASAR, impartiu unha charla sobre primeiros auxilios centrada na reanimación cardio pulmonar (RCP) e a ventilación boca a boca. A sesión foi eminentemente práctica e o alumnado de bacharelato puido coñecer e ter un primeiro contacto con estas técnicas.

Ratos no laboratorio

Dentro do proxecto A historia nunca contada de Mendel, promocionado pola Fundación Barrié, xa están no laboratorio as dúas parellas de ratos. Presentámolos polo seu nome. Son RÓMULO e ROMI; e MIQUI E MINI.

 
Galería de imaxes

O obxectivo da activididade é facilitar a aprendizaxe dos principios básicos necesarios para comprender a xenética, aproximar a investigación á aula e motivar ao alumnado cara ás disciplinas científicas. Máis información en Ratos no laboratorio.

  

Catalogación do xardín

Herbario realizado polo alumnado de 1.º PCPI:
Alberto, Lara, Bryan, Paula, Yolanda, Antonio, Elizabeth e Tamara.
Profesora: Cristina Montero 

Charla sobre doazón e transpante de órganos

O alumnado de 1.º BAC comezou a semana cun obradoiro sobre a doazón e transplante de órganos a cargo de Loli Díaz, da Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril (ALCER). Ao longo das dúas primeiras sesións da mañá foi analizando de xeito ameno e didáctico esta acción de solidariedade necesaria. 

maker gif

Herbario (1.º PCPI)

Herbario realizado polo alumnado de 1.º PCPI:
Alberto, Lara, Bryan, Paula, Yolanda, Antonio, Elizabeth e Tamara. 
Profesora: Cristina Montero 

Tempo de cogomelos

Distribuir contido