COVID 19 

   › Plan de adaptación

   › Plan de continxencia

   › Documentos                          

        PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
EDIXGAL MOODLE ABALAR  
          
REDES   VIDEOCONFERENCIA
     
Falemos

 

Actividades

Axenda

Finalistas Concurso de danza romana

Educación Secundaria para persoas adultas (preinscrición)

   

Testemuñas de cursos pasados 

slide remo

Distrbución de froita fresca

 

Ao longo dos recreos das próximas semanas distribuirase froita fresca procedente do programa FOGGA.

 

22 de decembro: entrega de notas (mañá) e simulación de ensino non presencial (tarde)

Estimadas familias:

Mañá martes, 22 de decembro, remata a actividade lectiva deste ano. Como fin do trimestre entregaránselle ao alumnado pola mañá os boletíns de notas e publicaranse máis tarde, asemade, na aplicación AbalarMóbiles.

Por outra banda, para as sesións lectivas da tarde dese día, realizaremos unha simulación de ensino non presencial. No documento achegado pode consultar as indicacións da actividade.

Entre as medidas contempladas no Plan de Continxencia, figura explicitamente a comunicación á comunidade educativa das medidas adoptadas para continuar co ensino non presencial no caso de peches de aulas ou de todo o centro. Neste suposto, a actividade lectiva manteríase nun horario semellante ao presencial, pero adaptado aos medios telemáticos a través de ferramentas dixitais: videoconferencia e aulas virtuais. Na mesma páxina web do instituto poderá atopar estes “horarios espello” por grupos e niveis.

Por último, informamos que o venres 8 de xaneiro está autorizado como día non lectivo do centro. Daquela, as vacacións de Nadal para a IES de Mugardos abranguerán ata o día 11 de xaneiro. 

Boas Festas e Mellor 2021.

 

3.º premio na VII Olimpíada Filosófica de Galicia (categoría de disertación)

 

 Sofía Cao

1.º Bacharelato

3.º premio
na VII Olimpiada Filosófica de Galicia

Categoría de disertación.

 

 

A fase final tivo lugar o xoves, 20 de febreiro. 

Podemos ler o artigo de Sofía Cao "Todos podemos ser un heroe" na revista Filoxornal publicada o 21 de novembro, Día Internacional da Filosofía.

 

 

O pasado venres, 24 de xaneiro, as alumnas de bacharelato Iria Fernández, Yuxin Zheng, Marta Ibón, Sofía Cao e Esther Rodríguez acompañadas da profesora Ofelia Lubián asistiron á Olimpíada Galega de Filosofía. A súa participación este ano foi na modalidade de Disertación sobre " O camiño do mito ou o mito do camiño". As probas tiveron lugar na Faculade de Filosofía de Santiago de Compostela.

 

Contra as violencias

 

Na véspera do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, o alumnado de 2º, 3º, 4º ESO e 1º bacharelato asistiu a unha charla coas integrantes do Patronato Concepción Arenal. O acto estivo integrado na campaña En negro, contra as violencias.

Tamén se proxectou o video coordinado polas profesoras Olga Cabalar e Begoña Allegue sobre os estereotipos machistas na publicidade. Observade con atención como se trataba á muller hai tan só unhas décadas e como o alumnado da ESO e Bac. lle deron a volta.

Programa "Escala na Escola" no suplemento El Comarcal

El Comarcal - La Voz de Galicia, edición Ferrol. Febreiro, 2016

MMXV-MMXVI "A Romanización"

Proxecto educativo dos centros educativos do concello de Mugardos

Distribuir contido