Skip to Content

Convivencia e mediación

Charla sobre acoso en 1º da ESO

Ari, de 1º de Bacharelato, rematou a quenda das charlas para o alumnado de 1º da ESO sobre acoso escolar. Con éxito, profesionalidade e o sentimento sincero desde o que fala sempre.

Vítor Rodrigues Franco gaña o concurso "É logo?"

Xa temos gañador do concurso "É logo" organizado por Orientación e a Equipa de Convivencia: Vítor Rodrigues Franco de 2º da ESO C. Tratábase de premiar o mellor deseño de logos de temática inclusiva ou que tivese que ver coa saúde para imprimilas en máscaras. Neste caso escoullese apostar pola diversidade. Parabéns ao gañador.

Charlas da Asociación Arelas

Cristina Palacios, da Asociación Arelas (Asociación de familias de menores Trans), está a impartir neste mes de maio unhas charlas sobre diversidade afectivo-sexual e principais formas de LGTBIfóbia para o alumnado de 2º da ESO, nas tardes do luns. Xa tiveron a oportunidade de escoitala os grupos 2º C e 2º A. O vindeiro luns tócalle a 2º B.

Obradoiro de música heavy

Os venres temos obradoiro de música Heavy a cargo de Javier Martínez, de 2º ESO-C, na Aula de Convivencia. Grazas a que é todo un especialista no tema, repasamos as orixes, os xéneros, grupos, características e mesmo anécdotas moi divertidas.

Charla sobre acoso escolar

Ari Díaz, alumna de 1º de Bacharelato, deu unhas charlas nas aulas de 2º da ESO sobre o acoso escolar e sobre a posibilidade de afrontar a situación pedindo axuda no centro. Tanto a presentación dixital, como a xenerosidade coa que Ari compartiu a súa experiencia e o ben que se expresou, sen dúbida servirá de moito. Grazas!

 

Obradoiro de cubo de rubik

Todos os xoves no recreo, Sofía Díaz de 3ºC encárgase de levar o obradoiro de cubos de rubik na Aula de Convivencia, pensado principalmente para o alumnado de 1º de ESO. Co seu bo facer e ilusión xa estamos avanzando moito.

Graffiti a Xoán Díaz

Desde a semana pasada contamos cun graffiti da autoría de Aiser en honor a Xoán Díaz. Desta maneira, a súa lembranza grava tamén os muros do noso centro. Os nosos recordos transpórtanse en mensaxe de cores dentro da súa botella.

Charla sobre diversidade sexual e de xénero

Na última semana de marzo, alumnado de 2º de Bacharelato impartiu unha charla sobre Diversidade Sexual e de Xénero nas aulas de 1º de Bacharelato. A rigorosidade co que foron tratados os temas tivo unha boa acollida entre o alumnado de 1º que se amosou moi participativo.

Exposición "Valentes"

Nos últimos quince días estivo exposta no centro a mostra "Valentes" cedida por Amnistía Internacional. A través dela o alumnado da ESO coñeceu as condicións das mulleres en diferentes lugares do mundo, así como algunhas representantes máis destacadas da loita pola igualdade.

Vídeoconferencias de Fademur

Nos arredores do día 8 de marzo desenvolvéronse varias actividades relacionadas co Día da Muller. A Federación de Asociacións de Mulleres rurais de Galicia (Fademur) en colaboración coa Deputación da Coruña, dentro do programa de Promoción de Valores en Igualdade, tivo un encontro co alumnado da ESO. O 15 de marzo tivo lugar o obradoiro "Os mitos do amor romántico e a Violencia de Xénero" no que participou 1º e 2º da ESO, mentres que o 12 de febreiro fíxose o obradoiro "Imaxes, influencers, Pornografía e Violencia de Xénero" para 3º e 4º. Con estas actividades preténdese desde Convivencia, Orientación, Titorías e Vicedirección traballar a prol da igualdade. 

Distribuir contido


by Dr. Radut