Skip to Content

Curso 2023-2024

SERGIO REY, I PREMIO ESCOLAR INTERNACIONAL DE LIVRO DE CORDEL

O I Premio Escolar Internacional de Livros de Cordel, que organizan os institutos Marco do Camballón, de Vila de Cruces, e Rochael de Medeiros de Recife, de Brasil, ten como gañador a Sergio Rey Dalama, alumno de 1º ESO do noso centro.

Sergio presentou ao concurso un poema sobre o fútbol, Um dragão Campeão. Este certame escolar ten como obxectivo valorar a poesía popular, vincular a tradición do cordel á historia de Brasil e de Galicia e, por outra banda, modernizar o libro de cordel e a oralidade en lingua galego-portuguesa, ademais de fomentar relacións entre escolares de Galicia e de Brasil.

18 DE MAIO. DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

O 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos. Desde o IES de Cacheiras queremos parabenizar a un dos nosos favoritos: o Museo do Pobo Galego. Con el levamos xa dous cursos colaborando no seu programa MICE Petís, o que posibilitou que parte do noso alumnado elaborase dúas curtametraxes etnográficas nas que reflexionaron, interpretaron e comprenderon mellor o mundo e o pobo ao que pertencen.

Esta colaboración ensino-museo procura obxectivos comúns: unha educación de calidade, inclusiva e equitativa que mellora e enriquece a vida da rapazada con novas experiencias e coñecementos. O MPG é un organismo vivo que a través da reflexión sobre a tradición axudounos a pensarnos desde o hoxe, empregando, ademais, ferramentas innovadoras e diferentes.

Xa temos ganas da MICE Petís do curso que vén!

FESTIVAL INTERCENTROS

O pasado luns, día 13, a Aula de teatro participou no Festival Intercentros, representando no Teatro Principal de Santiago a obra Á luz das candeas.

Despois da longa xira e nunha semana con moitos exames, só puido asistir a metade da compañía, que substituiu ao alumnado ausente e conseguiu levar adiante a obra nunha mostra do compañeirismo e apoio mutuo, que caracteriza a este grupo de teatro.

Parabéns!

17 DE MAIO. Día contra a Homofobia,Transfobia e Bifobia

O 17 de maio celébrase o Día contra a Homofobia,Transfobia e Bifobia e por iso o equipo da biblioteca seleccionou unhas recomendacións lectoras moi interesantes que podes atopar nos expositores da biblioteca.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Co motivo do Día das letras galegas, o Equipo da biblioteca recoméndache estas lecturas tanto de Luísa Villalta, a autora homenaxeada este ano, como doutros autores homenaxeados en outros anos.

EXPOSICIÓN INFOGRAFÍAS: COMO AFRONTAR O ESTRÉS

O alumnado de 2ºBAC B e C desenvolveu un proxecto sobre a identificación de situacións de estrés e ansiedade, poñendo o foco especialmente durante as épocas nas que nos enfrontamos a probas e exames.

Froito desa investigación, elaboraron infografías en lingua inglesa nas que recolleron as distintas fases desas situacións, brindando consellos e estratexias para enfrontalas e superalas con éxito; propoñendo sempre como obxectivo fundamental o benestar persoal e o coidado da saúde mental e física.

A idea de presentar esta información en formato infográfico pretende potenciar a sencillez na exposición en lengua inglesa mediante imaxes e textos breves para favorecer a súa comprensión.

XIRA DE TEATRO. VISITA DO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN EN BÉLXICA

XIRA DE TEATRO. ORLEANS E VOLTA A CASA

Pasamos a última noite en Orleans, o que nos permitiu paseala pola mañá, antes de comezar o regreso a casa. Xa pensamos na xira do vindeiro ano!

XIRA DE TEATRO. DISNEYLAND

O último día en París pasámolo en Disneyland.

XIRA DA AULA DE TEATRO. PARÍS

Despois da actuación en Bruxelas comezamos o camiño de volta, parando para unha visita en París.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut