Skip to Content

Premios 2023-2024

O IES DE CACHEIRAS 3º POSTO NA FINAL DO CLUB DE DEBATE ALINGUA

O equipo Sofistas acadou unha puntuación de 248.50 puntos na final do Club de debate Alingua que se celebrou en Val do Dubra.

O IES Terra do Xallas de Santa Comba e o IES Camilo José Cela de Padrón quedaron, respectivamente, no 1º e 2º postos.

Parabéns a todos polo esforzo, o traballo e a aprendizaxe.

Grazas ao Concello de Teo por facer posible esta actividade.

 

O EQUIPO SOFISTAS FINALISTA NO CLUB DE DEBATE ALINGUA 2024

Este xoves dous equipos do IES de Cacheiras participaron na 3ª Fase previa do Club de debate Alingua 2024, Xenerais, formado por alumnado de 4º ESO e Sofistas, de 1º bacharelato.

Sofistas acadou o 2º Premio nesta fase e representará ao IES de Cacheiras na final que se celebrará o vindeiro 13 de abril en Val do Dubra.

Parabéns aos dous equipos polo traballo realizado estes meses de preparación e moita sorte aos finalistas!

Ademais, Ruth Barrio e Pablo Ruíz foron recoñecidos entre os mellores oradores da sesión.

Esta actividade realízase grazas ao finanzamento do Concello de Teo e está coordinada polo profesor Xosé Candal.

A AULA DE TEATRO DO IES DE CACHEIRAS, 3º PREMIO BOAS PRÁCTICAS DE EDUCACIÓN INCLUSIVA 2023

A nosa Aula de teatro recibiu o 3º Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2023.

Afonso García, creador da Aula de teatro solidario e inclusivo, recolleu o premio o día 28 de novembro, xunto coa directora, Olga Simón, no Congreso Internacional de Educación Inclusiva que se celebrou en Santiago.

Ambos participaron como relatores no congreso explicando aos asistentes este proxecto que dirixen Afonso García e Xosé Eixo e que conta coa participación de alumnado, profesorado, persoal non docente, familias, asociacións e concello.

Parabéns polo magnífico traballo!

IMAXINANDO REALIDADES, PREMIO MENTES AMI 2023

Sergio Clavero gañador do premio Mentes AMI da Fundación ATRESMEDIA na categoría Impulso de la creatividad audiovisual responsable, con 'Imaxinando realidades. Creación y compromiso social'.

IMAXINANDO REALIDADES, finalista nos premios AMI da fundación Atresmedia.

Distribuir contido


by Dr. Radut