Skip to Content

Curso 2022-2023

Actividades desenvolvidas pola Biblioteca Escolar, o EDLG, Aula de teatro e os diferentes departamentos didácticos.

E CHEGAMOS A COMPOSTELA!!!

Conseguimos o noso obxectivo de chegar a Compostela pedaleando durante esta semana. Grazas a todo o alumnado que colaborou e ao departamento de Educación Física por esta iniciativa tan divertida.

O IES DE CACHEIRAS GAÑADOR DO XII CONCURSO NACIONAL DE INCUBADORA DE SONDEOS Y EXPERIMENTOS

Os alumnos Sergio Castro Baliñas, Diego Guimeráns Guillén e Xavi Riomao Hernández, de 1º ESO, resultaron gañadores do XII Concurso Incubadora de Sondeos y Experimentos celebrado en Zaragoza do 27 ao 29 de xuño, co traballo Caldo de áreas na categoría de 1⁰ e 2⁰ ESO.

O día 9 de xuño, na facultade de matemáticas, recibiron o primeiro premio da súa categoría do XIII Concurso Incubadora de sondaxes e experimentos organizado por SGAPEIO.

Durante o presente curso no IES de Cacheiras organizouse un Taller de estatística coordinado polo departamento de matemáticas no que se realizan traballos de investigación e experimentos estatísticos.

Presentáronse catro traballos ao concurso autonómico, resultando finalistas, Caldo de áreas, que foi gañador e,  María Blanco Iglesias, Mateo Mata Millán e Montserrat Mayo Martínez, de 3º ESO, recibiron unha Mención neste mesmo concurso, polo seu traballo A incógnita das panteras.

BLOG AS9ONDAS

GRADUACIÓN DE 4º ESO

Este venres o alumnado de 4º ESO celebrou a súa graduación no auditorio Constante Liste.
Moita sorte na nova etapa!!

Grazas ao Concello de Teo por cedernos o auditorio para este acto.

 

LIBROS PARA O VERÁN

Podedes pasar pola biblioteca para levar lecturas para o verán.

Atendede ás recomendacións que vos fan desde o Club de lectura.

Bo verán!!

MELLORES EXPEDIENTES 2023

Xabier Pan e Erika Piñeiro recolleron hoxe os diplomas que os acreditan como Mellores expedientes do curso 22-23. Parabéns!!

FIN DE CURSO E CONCERTO!

Despedimos o curso como se merece, con Pauliña en concerto e festa!

 

SOTERRAMENTO DA CÁPSULA DO TEMPO 2022-2028

O último día de clase enterramos a cápsula do tempo que preparou o alumnado de 1º ESO e que abrirá no 2028, cando estea en 2º de bacharelato.

OBRADOIRO DE ZUMBA

O último día de clase todo o alumnado desfrutou dunha sesión de zumba a cargo de Noelia Vázquez, que contou cun grupo de axudantes formado por sete alumnas do centro.

Dúas horas bailando, que aguante!

PARABÉNS AO ALUMNADO DAS ABAU

O alumnado de Cacheiras acadou un 96% de aprobados nas ABAU.

Ademais, Xabier Pan e Erika Piñeiro recibirán este xoves o premio aos Mellores Expedientes.

Parabéns!!

Distribuir contido


by Dr. Radut