Skip to Content

Curso 21-22

A AULA DE TEATRO NO III FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DO IES ANTÓN FRAGUAS

A aula de teatro participou hoxe no III Festival de Teatro Escolar do IES Antón Fraguas asistindo ao roteiro teatral que se levou a cabo no parque de Bonaval e despois representando a obra Reviracontos no Centro Xove de Creación Cultural de Almáciga.

 

 

ACTUACIÓN DA AULA DE TEATRO NO XXVI CERTAME DE TEATRO INTERCENTROS

A Aula de Teatro actuou no Teatro Principal de Santiago, paticipando así no XXVI Certame de Teatro Intercentros.

Foi unha tarde inesquecible para tod@s. Parabéns polo traballo realizado neste curso!!

XIV FESTIVAL DE TEATRO DE PALAS DE REI

O alumnado da Aula de Teatro participou hoxe no XIV Festival de Teatro de Palas de Rei, cun roteiro teatral no Castelo de Pambre e a representación da obra Reviracontos na Casa da Cultura.

I FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DO IES DE CACHEIRAS. ROTEIRO TEATRAL.

Este sábado tivo lugar o I Festival de Teatro Escolar do IES de Cacheiras no que o alumnado da Aula de Teatro recibiu a tres Aulas de Teatro: Compostela, Palas de Rei e Touro.

O roteiro teatral na Burga de Xermeade constou de cinco escenas que imaxinan o bulicio que existiu en Pontevea e Xermeade en torno ás augas curativas.

A xornada rematou coa representación conxunta da obra Reviracontos no auditorio Constante Liste.


 

PRESENTACIÓN DO I FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DO IES DE CACHEIRAS

O día 28 de abril tivo lugar a rolda de prensa de presentación do I Festival de Teatro escolar do IES de Cacheiras, que conta coa colaboración do Concello de Teo, e que reunirá a máis de 100 actores e actrices de catro Aulas de Teatro: Compostela, Palas de Rei, Touro e Teo.

Para máis información aquí  e aquí

XIRA DE TEATRO 2022

A Aula de teatro do IES de Cacheiras sae de xira. Podedes seguila a través deste blog:

AULA DE TEATRO: ACTUACIÓN NO XIII FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DE TOURO

A Aula de Teatro participou no XIII Festival de teatro escolar de Touro. Asistiron a un roteiro poético, musical e teatral, que organizou a Aula de Teatro do CPI Fonte Díaz de Touro, e despois representaron a obra Reviracontos na Casa da Cultura de Touro.

 

ACTUACIÓN DA AULA DE TEATRO NA FESTA DAS MULLERES. 12 de MARZO

AULA DE TEATRO: ACTUACIÓN NO TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE

O mércores, día 9, a Aula de teatro do noso centro actuou no Teatro Principal de Ourense en colaboración coa ONG Meniños, de apoio á infancia.

 

PRÓXIMA ACTUACIÓN DA AULA DE TEATRO

Distribuir contido


by Dr. Radut