Skip to Content

Matemáticas

Programación didáctica - curso 2020-2021

Pódese consultar a Programación 

Ademais inclúese un resumo dos criterios de cualificación da ESO e de Bacharelato

PIALE 2019

A profesora de matemáticas do noso centro, Isabel Mato, foi seleccionada para participar no PIALE (Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras), na modalidade de Integración en lingua portuguesa.


Esta experiencia de catro semanas nun centro educativo público do Porto, a Escola Clara de Resende, serviulle tamén para coñecer aspectos do sistema educativo portugués e da organización desta escola que poden ser de interese para a nosa Comunidade Educativa.

Se queres saber máis podes ver a  seguinte presentación.

IV CONCURSO CIENTÍFICO-LITERARIO

   

María Tubío e Alba Pérez de 1º de bacharelato resultaron gañadoras do segundo e terceiro premio do IV Concurso Científico-Literario organizado pola "Escuela de Máster y Doctorado de la Universidad de La Rioja" cos seus relatos

Relatos baseados en Relámpagos, novela sobre a vida de Nikola Tesla.


A gañadora do primieiro premio foi Sara Picos, alumna de 4º de ESO do IES de Ames co seu relato Las fronteras de la Ciencia.

Presenza na prensa:

 

PROXECTO ALFOMBRA DE SIERPINSKI

Sierpinski

 

   

Alumnado de 1º e 2º de ESO, participaron no “Sierpinski carpet Proyect”, unha actividade (sen fins de lucro) colectiva e solidaria entre persoas de 3 a 99 anos de todo o mundo, coa que se pretende construir un fractal xeométrico xigante, coñecido como alfombra de Sierpinski, con adhesivos de cores.

Distribuir contido


by Dr. Radut