CONVOCATORIA DA XUNTA DE DELEGADOS EN PLENO
Como Presidente da Xunta de Delegados convócote á reunión que terá lugar o xoves 10 de decembro, no salón de actos, ás 12,25 (2º recreo). Rogo a asistencia de delegado/a, subdelegado/a e alumnado membro do consello escolar..
ORDE DO DÍA:
1. Lectura e aprobación das actas correspondentes ás reunións das comisións por ciclos.
2. Informe posterior do consello escolar.
3. Aprobación da creación da asociación estudantil vinculada ó sindicato de estudantes (mandaron información dende a central do sindicato de estudantes para crear una asociación estudantil, informarase na xunta e procederase a votar a súa creación ou non).
4. Programación das actividades de Nadal.
5. Suxestións, rogos e preguntas.
En Cacheiras a 3 de decembro 2009
Asdo.: Ángel Pazos López