Skip to Content

PROXECTO E-DIXGAL NO IES DE CACHEIRAS

 

 

 

O IES de Cacheiras foi seleccionado para participar no Proxecto E-Dixgal en 1º da ESO no curso 2018-19, segundo a resolución definitiva publicada no portal da Consellería de Educación e O.U

O proxecto E-Dixgal consiste en proporcionar ao alumnado un ordenador portátil co obxectivo de traballar con recursos dixitais gratuítos (libros dixitais, actividades interactivas, etc.). O alumnado pode acceder ao material seleccionado polo profesorado tanto a través dunha conexión a internet (modo online) como dende o seu netbook (modo offline). Deste xeito, garántese que o alumnado que non dispoña de conexión a Internet desde a súa casa, poida seguir o curso sen dificultade.

Obxectivos:

Ao incorporármonos a este proxecto, pretendemos acadar, entre outros, os seguintes obxectivos:

  • Mellorar a competencia dixital do noso alumnado.

  • Ampliar ferramentas para apoiar diferentes liñas metodolóxicas entre o profesorado.

  • Integrar os recursos dixitais co resto de recursos educativos que o centro pode aportar e os que poidan dispoñer na súa contorna familiar.

  • Estender a dispoñibilidade dos recursos TIC cara os sectores mais desfavorecidos do alumnado do noso centro.

  • Reducir o gasto económico das familias ao prescindir dos libros de texto en papel, reducindo ao mesmo tempo o peso da mochila do alumnado.

Ademais, o alumnado e profesorado participante recibirá formación específica no uso da plataforma.


 

Materias que se impartirán en dixital en 1º da ESO:

Educación plástica, visual e audiovisual

Relixión e Proxecto competencial

Matemáticas

Ciencias sociais, xeografía e historia

Educación física

Bioloxía e xeoloxía

Lingua galega e literatura

Lingua castelá eliteratura

Lingua estranxeira: inglés

Tecnoloxía e dixitalización

 

Materias que se impartirán en dixital en 2º da ESO:

Ciencias sociais, xeografía e historia

Educación física

Física e química

Lingua castelá e literatura

Lingua galega e literatura

Matemáticas

Música

Relixión e valores éticos

Tecnoloxía

 

Materias que se impartirán en dixital en 3º da ESO:

Bioloxía e xeoloxía

Educación en valores cívicos e éticos

Educación física

Educación plástica, visual e audiovisual

Física e química

Lingua galega e literatura

Matemáticas

Música

Relixión e Proxecto competencial

Tecnoloxía

Xeografía e historia

 

Materias que se impartirán en dixital en 4º da ESO:

Bioloxía e xeoloxía.

Ciencias aplicadas á actividade profesional.

Cultura científica.

Economía.

Educación física.

Educación plástica e visual.

Física e química.

Iniciación a actividade emprendedora e empresarial

Lingua galega e literatura.

Matemáticas.

Música.

Relixión e valores éticos.

Tecnoloxía.

Tecnoloxías da información e da comunicación

Xeografía e historia.

 

Para máis información: 



page | by Dr. Radut