Skip to Content

Premios 2021-2022

RESPIRAR. ACCÉSIT NO FESTIVAL DE CINEMA JOVE DE VALENCIA

A curtametraxe Respirar, de Aturuxo Films, segue acadando premios, esta vez o accésit no Festival Cinema Jove de Valencia.

Miriam Bello e Andrés Couso recolleron o premio. Parabéns!!

MARÍA BLANCO, MENCIÓN DE HONOR NA OLIMPIADA MATEMÁTICA JUNIOR

A alumna María Blanco Iglesias, de 2º ESO E, acadou a Mención de Honra na XXXII Olimpiada Nacional Matemática Junior, celebrada en Albacete do 23 ao 26 de xuño.

Moitos parabéns!!

Máis información,aquí

MELLORES EXPEDIENTES CURSO 21-22

Hoxe tivo lugar o acto de recoñecemento dos Mellores expedientes do presente curso, organizado pola USC e o programa "A Ponte", para aquel alumnado que obtivo unha nota superior a 9 na fase xeral das ABAU.

 

Os alumnos Manuel Vilar e Samuel Vidal e as alumnas Laura Alonso, Sabela Cambón, Alejandra Guimeráns, Ana Martínez, Paula Martínez, Eva Montoto e Paula Rey recibiron este recoñecemento.

 

Parabéns a tod@s e moita sorte na nova etapa que comezades!!

 

A BATALLA DAS PALABRAS, GAÑADOR DO PREMIO ESCOLAR FRANCISCO TETTAMANCY 2022

A batalla das palabras, a intervención artística realizada polo alumnado do Departamento de Artes Plásticas coa colaboración do Departamento de Historia en honor a Francisco Tettamancy e os seus estudos sobre a Batalla de Cacheiras, resultou gañadora do Premio Escolar Francisco Tettamancy 2022.

Este premio está dotado con 2000€ en material escolar.

Parabéns!!

Na prensa

ATURUXO FILMS FINALISTA DO CONCURSO BBPP

O IES de Cacheiras, co proxecto Aturuxo Films finalista na XI Convocatoria do Concurso BBPP.

Parabéns!

RESPIRAR ACADA O 2º PREMIO NO CINEDFEST

Respirar 2° Premio CINEDFEST de Canarias!!!

Tamén finalista nos próximos festivais FEELMOTION  de Madrid, Cinemajove de Valencia e Olloboi de Boiro.

PREMIOS MENTES AMI DA FUNDACIÓN ATRESMEDIA

O proxecto Paisaxes efémeras de alfabetización mediática e cinematográfica sobre o cambio climático de Aturuxo Films, está entre os 3 finalistas na Categoría al Impulso de la Creatividad Audiovisual Responsable.

Coñeceranse os gañadores o 1 de outubro.

Parabéns!!

 

MARÍA BLANCO IGLESIAS, Á FINAL NACIONAL DA OLIMPÍADA MATEMÁTICA DE 2º ESO

María Blanco Iglesias foi a 2ª clasificada na Fase Final Galega da Olimpíada Matemática de 2º ESO organizada por AGAPEMA, entre un total de 40 participantes de toda Galicia. Parabéns!!

María participará agora na Fase Nacional. Moita sorte!!

(Fotografía https://agapema.org/olimpiada/27-actividades/olimpiada/350-res-final-galega-22)

 

 

A BATALLA DAS PALABRAS

A Batalla das Palabras.
Intervención artística realizada polo alumnado do Departamento de Artes Plásticas coa colaboración do Departamento de Historia en honor a Francisco Tettamancy e os seus estudos sobre a Batalla de Cacheiras.

O alumnado quixo facer un monumento á palabra, fomentando o poder da palabra como arma para conseguir libertades e dereitos. Esta instalación artística está formada por filas de papeis con versos do poema ABRIL 1846 en honor da Batalla de Cacheiras de Francisco Tettamancy e outros papeis en branco para futuras batallas. Colocáronse estas columnas de papeis sobre un leito de pedras e polas pintadas de negro, símbolo das batallas que intentaron conseguir estas mesmas libertades. Este muro de papeis é o panel de proxección dun vídeo realizado polo alumnado cun texto en off do poema antes mencionado e vídeos de paisaxes da contorna onde discorre a famosa Batalla.

Tamén creouse un muro de pólas verticais, símbolo da batalla de Cacheiras, que fan de ligazón a diversos paneis informativos sobre o autor Francisco Tettamancy e o seu legado, situando diferentes feitos históricos de xeito cronolóxico.

No chan colocouse un mural con deseños de petroglifos enlazando con diversos estudos do autor e como símbolo das sementes culturais e artísticas de Galicia. Este mural establece un diálogo cunha exposición de obras expresionistas abstractas realizadas polas alumnas e alumnos simbolizando a violencia das batallas.

 

FRANCISCO TETTAMANCY. INSTALACIÓN ARTÍSTICA.

Esta semana inauguramos unha instalación artística en torno á figura de Francisco Tettamancy e a Batalla de Cacheiras creada polo alumnado dos departamentos de Artes Plásticas e Xeografía e Historia.
A batalla das palabras pon en valor o diálogo e a palabra fronte á violencia.

Distribuir contido


by Dr. Radut