Esta semana finalizan os obradoiros sobre condutas adictivas organizados polo Servizo de prevención de condutas adictivas de Boqueixón, Teo e Touro, en colaboración coa Consellería de Sanidade.
O Equipo CoidadosAmente é o encargado de impartir estas sesións ao alumnado de 2º e 4º ESO.
O noso alumnado visitou o laboratorio no que aprendeu a distinguir entre mesturas homoxéneas e heteroxéneas, na primeira das clases que terán nesta aula.
Do 23 de xuño ás 9:00 h. ao 5 de xullo ás 13:00 h. ábrese o prazo para a solicitude de Ciclos Formativos para o vindeiro curso 2023-2024, tanto de GM como de GS. Podes seguir a través da web toda a información sobre o proceso de Grao Medio e de Grao Superior.
Esta semana algúns dos nosos rapaces levaron a cabo unha saída ao supermercado para poñer en práctica as aprendizaxes da aula no contexto da vida cotiá.
Destinados a alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2022/2023 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, sexa proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
Prazo de presentación de solicitudes: 26/04/2023 - 25/05/2023