O alumnado de 1°ESO estivo a traballar durante tres semanas na clase de Plástica sobre as texturas.
Aprenderon a que nos referimos cando falamos de texturas e os seis tipos que hai (natural, artificial, xeométrica, orgánica, visual e táctil) así como 15 técnicas diferentes de facer texturas entre as cales destacamos a decalcomanía, o souflage, o fumage, o esgrafíado, o estampado, o gratage, a escritura indescifrable, o estarcido, etc. Moitas delas inventadas polos artistas surrealistas.
Cada estudante fixo a súa caixa de texturas clasificándoas por detrás e elaborando un catálogo que lle pode servir como modelo para outros traballos.
![](https://www.edu.xunta.gal/centros/iescacheiras/system/files/1_70.jpg)
![](https://www.edu.xunta.gal/centros/iescacheiras/system/files/7_13.jpg)