Skip to Content

Curso 2023-2024

III SEMANA CULTURAL. FINAL MÁXICO

A nosa III Semana Cultural EMOCIÓNATE, acabou como se merece, coa emoción e a ilusión da maxia. Grazas a Joshua Kenneth por poñer este punto final tan divertido co alumnado de 1º ESO.

III SEMANA CULTURAL. PAISAXES POÉTICAS

Durante a III Semana Cultural puidemos desfrutar da exposición Paisaxes Poéticas, coordinada polos departamentos de Lingua Galega e Plástica.

Collage realizado polo alumnado de 3º ESO

III SEMANA CULTURAL. VISITA AO IDIS

O alumnado de bioloxía de 1º e 2º bach tivo a oportunidade de visitar as instalacións do IDI. Grazas pola invitación e o bo trato recibido.

III SEMANA CULTURAL. ESCAPE ROOM DÍA DA FRANCOFONÍA

O departamento de francés organizou, nas aulas de 2º ESO, durante esta semana, unha escape room co gallo do Día da Francofonía.

III SEMANA CULTURAL. TALLER DE SINESTESIA

Dúas alumnas de plástica de 3°ESO C desenvolveron unha actividade baseada na sinestesia.
A actvidade estaba enfocada a todo o alumnado do IES de Cacheiras que quixo participar de forma voluntaria. 25 estudantes e unha profesora desfrutaron a experiencia na aula de debuxo. Primeiramente as alumnas explicaron que é a sinestesia, puxeron exemplos, explicaron diversas formas de facer sinestesia e incluso proxectaron un vídeo coa testemuña dunha persoa sinestésica que elixía as súas mozas polo sabor do seu nome.
Despois pasouse a acción e as participantes experimentaron 10 estímulos que apelaban a varios sentidos que tiñan que expresar mediante outros. Así expresaron mediante a cor un son, mediante o olfacto un fragmento dunha película, mediante unha onomatopeia o sabor dun alimento ou coa representación dun número para referirse ó sentido mentres lle poñían unha calcamonía. Todo o experimentado foi representado nun mural de tres metros que se exporá no corredor do centro no 3º trimestre.

 

III SEMANA CULTURAL. AXENDA DO DÍA 22

PENÚLTIMA ETAPA: CHEGAMOS AO CEBREIRO

No penúltimo día de Pedaleando no Camiño conseguimos chegar ao Cebreiro. Conseguiremos alcanzar Compostela?

III SEMANA CULTURAL. PRESENTACIÓN DE LAPBOOKS

O alumnado de 1º ESO presentou aos seus compañeiros e compañeiras de 2º ESO os lapbooks que elaboraron e que estiveron expostos na biblioteca durante toda esta semana.

III SEMANA CULTURAL. CONTÉ AVEC MOI

Samuel Mountoumnjou,de Senegal, realizou este contacontos interactivo co alumnado de francés do noso centro.

Grazas á ANPA, que financiou esta actividade en colaboración coa Deputación da Coruña.

III SEMANA CULTURAL. CITA A CEGAS POÉTICA

No Día da Poesía, o alumnado de 4º ESO tivo unha cita a cegas poética: elixiu entre varios dos versos propostos, para despois ser emparellados con aqueles compañeiros/as que elixiran o mesmo.

O verso máis elixido foi A vida non sabe a Donuts de Carlos Negro.

Distribuir contido


by Dr. Radut