Skip to Content

Animación á lectura

LECTURAS PARA O VERÁN

Que podo ler este verán? Desde o Equipo da Biblioteca recomendámosche algunha destas lecturas. Esperamos que vos gusten!

ÚLTIMA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE BACHARELATO

O venres 7 de xuño tivo lugar a última reunión do Club de Lectura de Bacharelato onde aproveitamos para comentar o  libro Hoy es un buen día para morir.
Aproveitamos tamén para despedir a Bea, que rematou os seus estudos de bacharelato no centro e que participou ao longo destes cursos no club de lectura e como voluntaria da biblioteca.

NOVO LIBRO NO CLUB DE LECTURA DE 1º ESO

No último trimestre do curso, o Club de lectura de 1º ESO está lendo Pomelo y limón, que nos está facendo reflexionar sobre as relacións e como se poden ver influídas polas redes sociais e terceiras persoas.

5 DE XUÑO. DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente e dende o equipo da biblioteca recomendámosche que te achegues aos expositores da biblioteca para ler algunhas das recomendacións que che propoñemos.

17 DE MAIO. Día contra a Homofobia,Transfobia e Bifobia

O 17 de maio celébrase o Día contra a Homofobia,Transfobia e Bifobia e por iso o equipo da biblioteca seleccionou unhas recomendacións lectoras moi interesantes que podes atopar nos expositores da biblioteca.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Co motivo do Día das letras galegas, o Equipo da biblioteca recoméndache estas lecturas tanto de Luísa Villalta, a autora homenaxeada este ano, como doutros autores homenaxeados en outros anos.

2 DE MAIO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Estas son as recomendacións lectoras que o Equipo da biblioteca elixiu co gallo do Día Internacional contra o acoso escolar. Ven buscalas á biblio!

VISITA Á BIBLIOTECA DO GRILO

O alumnado de 1º ESO B visitou esta semana a biblioteca do Grilo.

Esta actividade, que consiste nunha andaina ata a biblioteca municipal, está organizada conxuntamente entre o Equipo da biblioteca e o Departamento de Educación Física.

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE BACHARELATO

Reuniuse o Club de lectura de bacharelato para comentar a obra Un tipo duro onde o autor explora emocionalmente a uns personaxes que prefiren olvidar as súas vidas, e demostrar novamente o valiosas que son.
A nova proposta para este trimestre é Hoy es un buen día para morir, unha obra esgotada, que nos custou moito conseguir, pero que por fin podemos desfrutar grazas ao préstamo interbibliotecario.

DÍA DO LIBRO NO IES DE CACHEIRAS

"Amadriña a cegas un libro" nesta actividade pódese escoller entre os libros ofertados, coñecendo só unha pequena reseña sobre o seu contido.


 

Exposición de libros curiosos: O profesorado aportou libros que saen do común para realizar esta exposición que podedes ver na biblioteca durante toda a semana.

 

O alumnado de 1º ESO preparou recomendacións lectoras para este día.

Distribuir contido


by Dr. Radut