Skip to Content

Animación á lectura

NOVA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

Onte reuniuse o Club de lectura para comentar o libro Noite de voraces sombras, de Agustín Fernández Paz. Saíron temas moi interesantes como a homenaxe ao maxisterio da República e aos ideais culturais e pedagóxicos que impulsaba. Tamén a presenza fantasmal recordou a outros libros do autor como Cartas de inverno, lido por varios membros do Club.

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA de 4º ESO

Reuniuse hoxe o Club de lectura de 4º para comentar a lectura de Anagnórise, que aínda que custou, ao principio, a súa lectura, todos coincidimos no xiro sorprendente que deu a historia ao final.
A nova proposta de lectura é Noite de voraces sombras, de Agustín Fernández Paz.

COMEZAMOS COAS VISITAS Á BIBLIOTECA DO GRILO

Este curso é 1º ESO D o encargado de inaugurar estas andainas ata a biblioteca municipal do Grilo.

Moitas grazas a Alberto pola acollida!

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

O Equipo da biblioteca preparou todas estas recomendacións para que pasedes unhas vacacións cheas de lecturas.

 

 

 

RECOMENDACIÓNS DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Na biblioteca podedes ver unha selección interesantísima de libros e películas que vos farán reflexionar sobre a defensa dos dereitos humanos.

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA de 4º ESO

Hoxe reuniuse o Club de lectura de 4ºESO para comentar o libro Verdade, que gustou moito aínda que non tanto como a súa primeira parte Mentira.

A seguinte lectura será Anagnórise.

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 1º ESO

O  club de lectura reuniuse esta semana para comentar o libro Tristes armas de Marina Mayoral.

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

O Club de lectura reuniuse esta semana para comentar Mentira, de Care Santos.

Para a vindeira reunión elixiron a súa continuación, Verdade, de Care Santos.

Usuarios para a plataforma E-LBE

Dispoñemos de credenciais para todo o alumnado e profesorado do centro para acceder á plataforma de préstamo de contidos dixitais E-LBE.2.

Podedes pasar pola biblioteca a solicitalas.
Hai un acceso directo á plataforma na nosa páxina web:

EXPOSICIÓN MES DA CIENCIA EN GALEGO

Na biblioteca podedes ver unha selección de libros e recursos sobre ciencia escrita na nosa lingua.

Tedes á vosa disposición o folleto que elaboramos con estas recomendacións.

Distribuir contido


by Dr. Radut