Skip to Content

Animación á lectura

NOVA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA AVANZADO

Este martes, alumnado e profesorado volveron xuntarse para compartir lecturas.

Recordade que aínda estades a tempo de participar!!

 

10 de DECEMBRO. DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Con motivo desta celebración o Equipo da Biblioteca elaborou este folleto con recomendacións para vós. Pasade pola biblioteca para velas.

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA

Os nosos Clubs de lectura continúan coas súas reunións, hoxe tocoulle ao de 3º ESO.

 

LEITURA CONTINUADA DE SCÓRPIO

Irene Iglesias Valuja, Andrés Iglesias Gil, Ana Martínez García, Beatriz Martínez García, Isabel Mato, Eva Montoto Pintos e José Antonio Montoto Montoto, membros da comunidade educativa do IES de Cacheiras, participaron o domingo, día 31 de outubro, no Salón Nobre de Fonseca, na lectura continuada de Scórpio, de Ricardo Carvalho Calero, organizada por AGAL.

 

COMEZAN AS REUNIÓNS DO CLUB DE LECTURA

Esta semana comezaron as reunións dos clubs de lectura do noso centro.

Se che apetece unirte, podes facelo en calquera momento!

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO

Co gallo da celebración do mes da ciencia en galego o Equipo da Biblioteca e o EDLG seleccionaron para vós estas recomendacións.

Premede na imaxe para acceder ao PDF cos enlaces.

XORNADA DE PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR AO ALUMNADO DE 1º ESO

Comezamos coa presentación da nosa biblioteca ao alumnado novo.

Agardamos que volvades pronto!

RECURSOS IV. BIBLIOGRAFÍA

 

¿Como facer unha bibliografía? Todo artigo científico que reflicta unha investigación realizada conterá referencias a outros autores e outros estudios que nos axudaron a formular o noso traballo. As devanditas citas débense realizar no texto cando fagamos referencia expresa a un autor ou artigo concreto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut