Skip to Content

Taboleiro

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO IMPRESO 2023-2024

Na seguintes ligazóns podes consultar os listados de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2023-2024

  

    

ESO BACHARELATO
 
 
 
Listado completo libros 2023-2024
 

AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE_ABAU 2023

  • Calendario de actuacións administrativas para alumnado de 2º de BAC. Xuño 2023.
  • Información para a matrícula nas probas de acceso á universidade -ABAU xullo 2023. Convocatoria extraordinaria- e solicitude do título do Bacharelato.

Lembra entregar o antes posible e antes das 12 h. do mércores 29 de xuño a documentación de matrícula na secretaría do centro. (Convocatoria Extraordinaria)


 

  • Calendario de actuacións administrativas para alumnado de 2º de BAC. Maio 2023.
  • Información para a matrícula nas probas de acceso á universidade -ABAU xuño 2023. Convocatoria Ordinaria- e solicitude do título do Bacharelato.

 

  •  Solicitude do título de Bacharelato
  • Matrícula nas probas de acceso á universidade -ABAU xuño 2023-

Lembra entregar o antes posible e antes das 12 h. do luns 22 de maio a documentación de matrícula na secretaría do centro. (Convocatoria Ordinaria)

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO CORRESPONDENTES AO CURSO 2022/2023

  • Alumnado que cursase durante o ano académico 2022/23 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e obtivese no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.
  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.

Prazo de presentación de solicitudes: 31/05/2023 - 30/06/2023

  • É a alumna ou o alumno, ou os seus representantes legais, quen presentará a solicitude de participación. As solicitudes (anexo I), presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Será imprescindible cubrir previamente os datos na aplicación que  se atopa no enderezo https://www.edu.xunta.es/premiosedu, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado cuberto cos datos correspondentes, opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para estes efectos, os rexistros dos centros educativos non se consideran incluídos dentro das dependencias enumeradas na normativa ao respecto.
  • A realización da proba terá lugar na data que se estableza mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia, e no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (https://www.edu.xunta.gal). Na dita resolución fixaranse, así mesmo, os lugares e o horario de celebración da proba.

Orde do 31 de maio de 2023 (DOG)

Extracto da Orde do 23 de maio de 2022 (DOG)

Modelo de solicitude: Anexo I


Máis información:

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/2023

Premios ESO

Procedemento ED311D - Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico.

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/2022

PROXECTO E-DIXGAL NO IES DE CACHEIRAS

 

 

 

O IES de Cacheiras foi seleccionado para participar no Proxecto E-Dixgal en 1º da ESO no curso 2018-19, segundo a resolución definitiva publicada no portal da Consellería de Educación e O.U

O proxecto E-Dixgal consiste en proporcionar ao alumnado un ordenador portátil co obxectivo de traballar con recursos dixitais gratuítos (libros dixitais, actividades interactivas, etc.). O alumnado pode acceder ao material seleccionado polo profesorado tanto a través dunha conexión a internet (modo online) como dende o seu netbook (modo offline). Deste xeito, garántese que o alumnado que non dispoña de conexión a Internet desde a súa casa, poida seguir o curso sen dificultade.

FELICITACIÓNS AO ALUMNADO POR ABAU E PROBAS DE IDIOMAS

No IES de Cacheiras estamos de parabéns polos excelentes resultados do noso alumnado nas distintas probas oficiais:

  • ABAU - Aprobou o 94,12% do alumnado que se presentou.
  • DELF - Aprobou o 100% do alumnado presentado tanto ao B1 como ao B2.
  • Portugués - Aprobou o 100% do alumnado presentado ao B2. 

MODELO DE XUSTIFICANTE PARA FALTAS DE ASISTENCIA DE ALUMNADO

Pódese imprimir o arquivo adxunto para encher os datos de xustificación de faltas de asistencia por enfermidade ou por outros motivos diversos. Hai que facelo chegar debidamente cuberto a persoa responsable da titoría no momento de incorporarse ás clases.

As faltas e os atrasos enviaranse co sistema ABALAR dúas veces ao día, indicando o período ao que se refiren e o número de sesións (clases) ás que se faltou. Se ten algunha dúbida pode pedir cita co titor/a no seu día de atención a nais/pais.

CONVOCATORIA XUNTA DE DELEGADOS


CONVOCATORIA DA XUNTA DE DELEGADOS EN PLENO         
 Como Presidente da Xunta de Delegados convócote á reunión que terá lugar o xoves 10 de decembro, no salón de actos, ás 12,25 (2º recreo). Rogo a asistencia de delegado/a, subdelegado/a e alumnado membro do consello escolar.. 
ORDE DO DÍA:
1.           Lectura e aprobación das actas correspondentes ás reunións das comisións por ciclos.
2.            Informe posterior do consello escolar.
3.            Aprobación da creación da asociación estudantil vinculada ó sindicato de estudantes (mandaron información dende a central do sindicato de estudantes para crear una asociación estudantil, informarase na xunta e procederase a votar a súa creación ou non).
4.            Programación das actividades de Nadal.
5.            Suxestións, rogos e preguntas.
En Cacheiras a 3 de decembro 2009
 Asdo.: Ángel Pazos López

 

Distribuir contido


by Dr. Radut