Skip to Content

VOLVE O TALLER DE ESTATÍSTICA!

Xa te podes anotar ao Taller de estatística. Imprime a folla de inscrición e entrégaa antes do 7 de outubro.

ENTREGA DE ORDENADORES EDIXGAL AO ALUMNADO DE 1º ESO

Hoxe repartíronse entre o alumnado de 1º ESO os acordos de cesión dos ordenadores Edixgal. É preciso que se devolvan asinados para que se lle poida facer entrega dos portátiles.

 

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO E FAMILIAS SOBRE E-DIXGAL

Ao alumnado entrégaselles un ordenador, co seu correspondente cargador e maletín. O reparto faise aleatoriamente, polo que haberá alumnado do mesmo grupo que lle toque un ordenador novo e os demais recibirán un ordenador usado, en diferentes estados de conservación.
Os ordenadores entregados foron revisados por un técnico do Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento, polo que os desperfectos que teñen son estéticos e non afectan ao seu correcto funcionamento. Ademais, teñen cuberta a garantía de uso correspondente, tanto se son novos como usados, polo que se ten algunha avaría cuberta por dita garantía, o ordenador será substituído ou arranxado sen coste algún para o alumnado e familias. A xestión destas incidencias será realizada pola coordinadora do centro, que proporcionará un equipo de reserva ao alumno/a, mentres dure a reparación.
O alumno ou alumna é responsable do coidado do equipamento entregado, polo que deberá asumir a reparación daqueles danos que afecten ao seu correcto funcionamento (rotura de pantalla, rotura de teclado, perda do cargador,...). No caso de que ocorra algunha destas incidencias, o centro limitarase a indicar os datos de contacto do Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento para que a propia familia xestione a reparación correspondente, xa que o centro non dispón de servizo técnico.
Lembramos que existe un seguro opcional para o portátil do/a alumno/a. Teñen toda a información ao respecto na web do IES de Cacheiras.

Máis información aquí.

XA TE PODES UNIR Á AULA DE TEATRO DO IES DE CACHEIRAS!

Comezamos a andaina do novo curso da Aula de Teatro. Animádevos a participar!

Abrimos o prazo de inscrición para a Aula de Teatro, que comezará as súas clases o día 8 de outubro. Podedes descargar a folla de inscrición aquí.

Xuntanza coas familias: XOVES 3 de outubro, ás 19.00 no SALÓN DE ACTOS. Máis información neste enlace.

Podedes ver o proxecto da Aula de Teatro para este curso aquí

 

COMEZAN OS RECREOS ACTIVOS, ANÍMATE A PARTICIPAR!!

Comeza unha nova andaina dos Recreos activos, que organiza o departamento de Educación Física. 

QUERES PARTICIPAR NOS CLUBS DE LECTURA OU AXUDAR NA BIBLIO? ANÓTATE!!

PRESENTACIÓN E INICIO DE CURSO 2024-2025

INICIO DE CURSO

No Abalar pódese consultar a información relativa ao horario e grupo de cada alumno/a.

MÉRCORES 11 de SETEMBRO

1º ESO

08:30 h. a 10:00 h.

O alumnado dirixirase ao Salón de actos e posteriormente será acompañado polo seu titor/a ás aulas de referencia.

10:30 h -14:10h Inicio das clases.

 

2º ESO - 3º ESO - 4º de ESO e 1º e 2º de BACHARELATO

08:30 h. a 10:00 h.

Presentación nas aulas de referencia co profesorado titor.

10:30 h - 14:10h Inicio das clases.

 

Recórdase ás familias que nas horas de saída o tráfico permanecerá pechado por diante do centro. Recoméndase NON CIRCULAR por esta zona nas horas de entrada.

Na hora da saída ningún coche poderá circular por diante do centro ata que saian todos os autobuses escolares.

As familias que empreguen o vehículo particular para traer aos seus fillos e fillas ao centro, poderán empregar o aparcadoiro municipal a carón das pistas deportivas.

 

Plano de asignación de aulas a grupos e de entradas e saídas ao centro.

 

TRANSPORTE ESCOLAR 2024-2025

No día de hoxe publicaranse as listaxes do transporte escolar, así como as rutas coas súas paradas e o horario correspondente. Pódese consultar toda a información aquí.

Nos primeiros días é importante estar nas paradas con máis marxe de tempo, xa que as horas publicadas son aproximadas.

Agardamos que todo funcione correctamente. De non ser así, por favor, poñédevos en contacto con nós para comunicarnos calquera incidencia.

INICIO DO CURSO 24-25

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR 2024-2025

12 de xullo

Publicadas as listaxes provisionais do FONDO SOLIDARIO de axudas para adquirir material escolar no taboleiro de anuncios, as persoas interesadas poden consultalas chamando ao teléfono do centro: 881 86 64 74

Tamén poderán consultar o estado e resolución da súa solicitude de axudas na aplicación fondo libros, no menú lateral cidadán accedendo con certificado electrónico ou chave 365.

Poderán reclamar ás listaxes provisionais o luns 15 e o martes 16 de xullo.

O proxenitor solicitante xa pode pasar a recoller o vale para adquisición de material. No caso de facelo o proxenitor non solicitante da axuda, deberá presentar autorización asinada polo proxenitor solicitante acompañada dunha fotocopia do DNI.

A listaxe definitiva de solicitudes admitidas para o fondo solidario de axudas para adquirir material escolar será publicada o 26 de xullo.

O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2023/24 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.

 

20 de maio

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

Prazo de presentación: do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024 (incluídos)

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 Resumo do procedemento

Orde do 7 de maio de 2024 (DOG)

Extracto da Orde do 7 de maio de 2024 (DOG)

Modelos de solicitude: Anexo I -Anexo II

Máis información:

Axudas libros de texto e material escolar

Educación abre o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo solidario da Xunta

Procedemento ED330B - Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

HOMENAXE A LUÍSA VILLALTA

A nosa biblioteca escolar leva o nome de Luísa Villalta, homenaxeada este ano no Día das Letras galegas.

Para conmemorar este feito decidiuse facer unha intervención na nosa biblioteca. O resultado é este precioso traballo levado a cabo por Raquel Germade.

" Mírame, mírate, mírame en ti e escólleme para soñarte". Luísa Villalta.

Distribuir contido


by Dr. Radut