Skip to Content

Educación Física

PROGRAMACIÓN 2022-2023

E CHEGAMOS A COMPOSTELA!!!

Conseguimos o noso obxectivo de chegar a Compostela pedaleando durante esta semana. Grazas a todo o alumnado que colaborou e ao departamento de Educación Física por esta iniciativa tan divertida.

PENÚLTIMA ETAPA: CHEGAMOS AO CEBREIRO

No penúltimo día de Pedaleando no Camiño conseguimos chegar ao Cebreiro. Conseguiremos alcanzar Compostela?

CHEGAMOS A LEÓN, XA QUEDA MENOS!

Xa estamos en León, quedan dous días para conseguir o noso obxectivo, animádevos a pedalear no Camiño!

E XA ESTAMOS EN CARRIÓN DE LOS CONDES!

O noso Camiño de Santiago avanza: hoxe chegamos a Carrión de los Condes. 315 Km.

Seguimos pedaleando ata Santiago!

III SEMANA CULTURAL. PEDALEANDO NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Comezamos hoxe o Camiño de Santiago nas bicis estáticas do patio. Non está mal para a primeira xornada:

Bici A:224 Km

Bici B:222 Km

Chegamos a Santo Domingo de la Calzada!

EXCURSIÓN Á NEVE 3º ESO. ÚLTIMO DÍA

O último día o tempo non nos acompañou e tocounos ventisca, pero aproveitamos ben as últimas horas que quedaban antes de volver.

EXCURSIÓN Á NEVE 3º ESO. ESQUÍ E XOGOS

Dous días moi produtivos aprendendo a esquiar e con tempo para a diversión tamén.

EXCURSIÓN Á NEVE 3º ESO. CHEGADA A LEÓN

O luns foi día de viaxe en bus e primeiros xogos na neve.

ENTROIDO 2024

Un ano máis o Entroido do IES de Cacheiras tivo unha enorme participación e foi un día de festa a pesar de que o tempo non acompañara.
Parabéns aos cursos gañadores e grazas a tod@s por participar!!

Distribuir contido


by Dr. Radut