Skip to Content

Ed. Plástica e Visual

Programación Departamento Artes Plásticas 2023-24

 

 

EXPOSICIÓN VIRTUAL: PAISAXE URBANA NOCTURNA

O último traballo de plástica do curso feito polo alumnado de 1° de ESO foi unha paisaxe urbana nocturna elaborada con témperas.

Podedes ver esta exposición de xeito virtual:

 

INSTALACIÓN ARTÍSTICA: SIMETRÍAS

Na materia de Plástica o alumnado de 1° de ESO fixo simetrías axiais e  radiais con papeis brancos e de cores para, posteriormente, realizar instalacións artísticas nos corredores de centro e na propia aula de Plástica.

CÍRCULOS CROMÁTICOS CÚBICOS

O alumnado de 3º ESO C completa a exposición de círculos cromáticos de 1º ESO con esta de círculos cromáticos cúbicos, nos que se lle dá volume  aos cubos empregando a cor a través de luces e sombras realizadas con cores complementarias.

MÁIS EXPOSICIÓNS: CÍRCULOS CROMÁTICOS

O último mes deste curso está sendo do máis creativo.

Nova exposición no rincón lila. Non a perdades!

Os estudantes de plástica de 1° de ESO practicaron a mestura sustractiva da cor nos seus círculos cromáticos. Cores primarias, secundarias e complementarias perfectamente organizadas e aclaradas cara ao centro do círculo.

ATURUXO FILMS EN ACONTRA +

Estamos na plataforma de cine Acontra +!!
Catro curtometraxes do alumnado do IES de Cacheiras realizados no proxecto Aturuxo Filmsm, no catálogo Acción en Corto.

PERSPECTIVAS CÓNICAS E AXONOMÉTRICAS

Estes días podedes ver a exposición de perspectivas cónicas e axonométricas realizadas polo alumnado de Debuxo Técnico I de 1° de Bacharelato.

Podedes vela no segundo andar do IES, na zona das aulas de plástica e debuxo.

 

NOVA EXPOSICIÓN NA CAFETERÍA: ESCALA DE GRISES

O alumnado de plástica de 1°ESO realizou un estudo da escala de grises para, posteriormente, aplicalo ás sombras propias e proxectadas dun corpo xeométrico iluminado por unha fonte de luz artificial, conseguindo a técnica do claroescuro. A exposición dos traballos pode verse na cafetería do centro.

MÁSTERS DO DEBUXO

Esta semana, durante os recreos, temos unha nova edición de Másters do debuxo, este ano dedicado ao Manga.

Achegádevos a ver o traballo dos vosos compañeir@s, que paga moito a pena!

EXPOSICIÓN DE MÓBILES

Os estudantes de 1° de ESO de plástica realizaron móbiles de base ou de colgar a partir dos elementos gráficos-plásticos de mínima expresión (punto, línea e plano) inspirándose na obra de Alexander Calder.

Podedes ver esta exposición no segundo andar do noso centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut