Skip to Content

Curso 2021-2022

RESPIRAR. ACCÉSIT NO FESTIVAL DE CINEMA JOVE DE VALENCIA

A curtametraxe Respirar, de Aturuxo Films, segue acadando premios, esta vez o accésit no Festival Cinema Jove de Valencia.

Miriam Bello e Andrés Couso recolleron o premio. Parabéns!!

MARÍA BLANCO, MENCIÓN DE HONOR NA OLIMPIADA MATEMÁTICA JUNIOR

A alumna María Blanco Iglesias, de 2º ESO E, acadou a Mención de Honra na XXXII Olimpiada Nacional Matemática Junior, celebrada en Albacete do 23 ao 26 de xuño.

Moitos parabéns!!

Máis información,aquí

GAÑADORA DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA POÉTICA

Yaiza Soto de 4º ESO A é a gañadora do Concurso de Fotografía Poética organizado pola Biblioteca e o EDLG.

Parabéns!!

 Agros, citades, cities, towns, aldeas,

os recantos do Mundo...

Todo é terra galega!

Galicia é infinda!

PODCAST: O CONFLITO DE UCRAÍNA

O alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato elaborou este interesante podcast no que se analiza o conflito de Ucraína, coordinado polos Departamentos de Xeografía e Historia e Tecnoloxía.

Para escoitalo, premede na imaxe.

MELLORES EXPEDIENTES CURSO 21-22

Hoxe tivo lugar o acto de recoñecemento dos Mellores expedientes do presente curso, organizado pola USC e o programa "A Ponte", para aquel alumnado que obtivo unha nota superior a 9 na fase xeral das ABAU.

 

Os alumnos Manuel Vilar e Samuel Vidal e as alumnas Laura Alonso, Sabela Cambón, Alejandra Guimeráns, Ana Martínez, Paula Martínez, Eva Montoto e Paula Rey recibiron este recoñecemento.

 

Parabéns a tod@s e moita sorte na nova etapa que comezades!!

 

EXHIBICIÓN DE ACROSPORT 2º ESO

Rematamos o curso cun torneo de Acroximnasia no que participou o alumnado de 2º ESO, organizado polo Departamento de EF.

O alumnado de 3º ESO e Bacharelato contribuiu á xornada con coreografías de exhibición.

Os gañadores do concurso foron: Olalla Míguez, Estela Fernández, Mateo Mata, Noa Becerra e María Blanco de 2º ESO E.

Parabéns a todos por participar!!

SCAPE ROOM PARA O VOLUNTARIADO DE 1º CICLO

Esta semana tocoulle o turno ao voluntariado e aos membros do club de lectura do 1º ciclo desfrutar dunha sesión de Scape Room como premio polo seu traballo durante todo o curso.

VISITA Á EXPOSICIÓN OBXECTOS DE DESEXO NA CIDADE DA CULTURA

Alumnado de 4º ESO visitou onte a exposición da Cidade da Cultura, Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020.

Para completar a xornada, realizaron un roteiro por Santiago, nunha actividade organizada polo Departamento de Xeografía e Historia.

 

100% DE APROBADOS NAS PROBAS DELF B1/B2

Todas as alumnas presentadas ás probas DELF este ano conseguiron o título. O departamento de francés prepara ao alumnado para estas probas todos os anos, impartindo clases extraordinarias polas tardes.

Parabéns ás alumnas Sheila Balado, María Cutrín, Irene Márquez, Esther Mato, Eva Montoto, Xiana Rego e Laura Rey!!

NON. EMOCIÓNS DE PROTESTA DE 1º E 3º ESO

Estes últimos días de curso podedes desfrutar da exposición de traballos do alumnado de 1º e 3º ESO inspirados no expresionismos abstracto.

Está na cafetería do centro, non vola perdades!

Distribuir contido


by Dr. Radut