Skip to Content

Curso 2021-2022

RESPIRAR, PREMIO MELLOR DOCUMENTAL NO INTERNATIONAL YOUTH FILM PESTIVAL

Andrés Couso, acompañado polo profesor Sergio Clavero, responsable do proxecto Aturuxo Films, recolleu onte o premio ao Mellor documental no International Youth Film Festival de Plasencia por Respirar.

Respirar é un documental creado por Miriam Canicoba, Miriam Bello e Andrés Couso.

Parabéns!!

RUTA DOS PETRÓGLIFOS

Como xa vén sendo tradición no noso centro, o alumnado de 1º ESO coñeceu os petróglifos da área de Cornide, Mouromorto e Regoufe, nunha actividade organizada polo Concello de Teo en colaboración co Departamento de Xeografía e Historia.

 

 

MAPAS DIVERTIDOS

Esta semana desenvolveuse no noso centro o proxecto "Mapas Divertidos", unha colaboración entre Tysgal Consultores e o Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela co obxectivo de achegar a cartografía ao alumnado de 1º e 2º da ESO.

 

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS PARA 4º ESO

Esta semana deron comezo os obradoiros de Prevención de condutas adictivas para 4ºESO. Constarán de 4 sesións e se desenvolverán ao longo do mes de maio.

Están organizados a través do Servizo de condutas aditivas de Boqueixón, Teo e Touro, en colaboración coa Consellería de Sanidade.

 

A IDADE ANTIGA E O MUNDO CLÁSICO SEGUNDO 1º DA ESO

Despois da fantástica exposición do 1º trimestre sobre a prehistoria, podedes ver unha nova mostra da creatividade do noso alumnado de 1º ESO.

NOVAS ADQUISICIÓNS NA BIBLIOTECA

Ademais da proposta "Regálate un libro, regálalle un libro" do Equipo da Biblioteca co gallo do Día do Libro,

nestes días presenta as novas adquisicións que estarán expostas uns días. Pasade pola biblioteca para elixir novas lecturas!

 

 

RESPIRAR, NOS XXII ENCONTROS DE CINEMA VIANA DO CASTELO

O 7 de maio proxéctase en Encontros Cinema Viana do Castelo, Respirar, de Aturuxo Films, finalista do Festival Primeiro Olhar, dirixido a Escolas de Cinema e Universidades.

Parabéns a Miriam Bello, Miriam Canicoba e Andrés Couso.

 

PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL

Respirar, a curtametraxe creada por Miriam Bello, Miriam Canicoba e Andrés Couso de Aturuxo Films, premio ao Mellor documental no festival Cachinus de Cine.

Parabéns!!

 

OLIMPÍADA MATEMÁTICA 2º ESO. PASE Á FINAL

María Blanco Iglesias e Adrián Blanco Jiménez pasaron á final da Olimpíada Matemática de 2º ESO organizada por AGAPEMA, ao quedar entre os seis mellores da zona de Santiago.

Parabéns!!

A final terá lugar o día 26 de maio en Lugo. Moita sorte!!

 

I FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DO IES DE CACHEIRAS. ROTEIRO TEATRAL.

Este sábado tivo lugar o I Festival de Teatro Escolar do IES de Cacheiras no que o alumnado da Aula de Teatro recibiu a tres Aulas de Teatro: Compostela, Palas de Rei e Touro.

O roteiro teatral na Burga de Xermeade constou de cinco escenas que imaxinan o bulicio que existiu en Pontevea e Xermeade en torno ás augas curativas.

A xornada rematou coa representación conxunta da obra Reviracontos no auditorio Constante Liste.


 

Distribuir contido


by Dr. Radut