Skip to Content

Curso 2021-2022

XOGANDO COA LUZ

O mércores 15 de xuño tivemos a visita do grupo de estudantes LUZADA, formado por alumnos de grao e posgrao da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

O grupo fixo unha actividade coas alumnas e alumnos de 2º de ESO que consistiu en 4 mesas de experimentación relacionadas coa interacción luz-material, a propagación da luz en diferentes medios, a polarización e micrometereoloxía.

Agardamos que fose unha experiencia interesante para o alumnado e poder volver a disfrutar destas actividades para o próximo ano!

SCAPE ROOM PARA O VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA

O alumnado de 4º ESO e Bacharelato que colaborou como voluntario na organización e funcionamento da nosa Biblioteca Escolar así como os participantes dos Clubs de Lectura remataron o curso cunha divertida sesión na scape room Expedición Zero.

Moitas grazas por participar nas actividades da Biblioteca!!

 

A BATALLA DAS PALABRAS, GAÑADOR DO PREMIO ESCOLAR FRANCISCO TETTAMANCY 2022

A batalla das palabras, a intervención artística realizada polo alumnado do Departamento de Artes Plásticas coa colaboración do Departamento de Historia en honor a Francisco Tettamancy e os seus estudos sobre a Batalla de Cacheiras, resultou gañadora do Premio Escolar Francisco Tettamancy 2022.

Este premio está dotado con 2000€ en material escolar.

Parabéns!!

Na prensa

MASTERCLASS DO CLUB DEPORTIVO GALOGRIN

O alumnado de 1º ESO puido asistir esta semana a unha masterclass impartida polo Club deportivo Galogrin, que se achegou ata o noso centro para dar a coñecer ao alumnado as súas actividades.

GRADUACIÓN DE 2º BACHARELATO CURSO 21-22

Este venres o alumnado de 2º Bacharelato celebrou a súa graduación que contou cunha sorpresa especial por parte dos seus padriños.

Moitas grazas á ANPA pola súa colaboración na organización e financiamento deste acto.

 

Moita sorte nesta nova etapa das vosas vidas!!

 

ATURUXO FILMS FINALISTA DO CONCURSO BBPP

O IES de Cacheiras, co proxecto Aturuxo Films finalista na XI Convocatoria do Concurso BBPP.

Parabéns!

ENTREGA DE PREMIOS DO I TORNEO DE XOGOS DE ESTRATEXIA

Este venres fixemos entrega dos premios do noso I Torneo de Xogos de Estratexia.

O 1º premio foi para Beatriz Lago, de 3º ESO B e o 2º premio para Rubén Riveiro, de 1º ESO A.

Entre o resto de participantes sorteouse un agasallo que lle correspondeu a Sara Gómez de 2º ESO B

Parabéns a tod@s e grazas por participar!!!

 

 

EXHIBICIÓN DE ESGRIMA

O Clube Compostela Esgrima visitou o noso centro esta semana para facer unha exhibición de esgrima co alumnado de 1º ESO, nunha actividade organizada polo Departamento de Educación Física.

 

 

 

EXPOSICIÓN DE CALIGRAMAS E GREGUERÍAS

Estes días podedes desfrutar da exposición de Caligramas e Greguerías realizados polo alumnado de 4º ESO coordinados polo Departamento de Lingua Castelá.

 

RESPIRAR ACADA O 2º PREMIO NO CINEDFEST

Respirar 2° Premio CINEDFEST de Canarias!!!

Tamén finalista nos próximos festivais FEELMOTION  de Madrid, Cinemajove de Valencia e Olloboi de Boiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut