Skip to Content

Curso 2021-2022

FASE DE ZONA DA OLIMPÍADA MATEMÁTICA 2º ESO

Adrián Blanco, María Blanco, Laura Caamaño, Diego Coello, Antía Fernández, Teo Fernández, Mateo Mata, Montserrat Mayo e Sara Santos participaron o pasado 21 de abril na fase de zona da Olimpíada matemática para 2º ESO organizada por AGAPEMA.

 

I FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DO IES DE CACHEIRAS

SEMANA CULTURAL. OS SABERES DA ALDEA

FINAL DO CONCURSO YOUNG BUSINESS TALENTS

Os alumnos Hugo Angueira, Xabier Fernández e Rubén Sánchez de 2º Bach A, participarán na final do concurso Young Business Talent en Madrid a vindeira semana. Irán acompañados pola profesora de economía Isabel López, coodinadora do traballo presentado.

 

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS

Esta semana comezaron os obradoiros de Prevención de Condutas adictivas organizados a través do Servizo de condutas adictivas de Boqueixón, Teo e Touro, en colaboración coa Consellería de Sanidade.

Os destinatarios son os alumnos/as de 2º ESO e, en vindeiras semanas, incorporaremos ao alumnado de 4º ESO.

BATALLA DE CACHEIRAS. CONMEMORACIÓN EN CACHEIRAS

O alumnado de 2º ESO B de Cacheiras reuniuse co alumnado do IES de Carral para conmemorar a Batalla de Cacheiras nunha xuntanza que levaba dous anos paralizada por mor da pandemia.

O profesor Humberto Busto foi o encargado de guiar ao alumnado neste roteiro organizado polos Concellos de Teo e Carral.

DÍA DO LIBRO NO IES DE CACHEIRAS. LECTURA DO QUIJOTE

O Equipo da Biblioteca organizou este venres unha lectura do Quijote en todas as linguas impartidas no noso centro para celebrar o Día do Libro.

OBRADOIRO DE MOVEMENTO POLA PAZ. TRABALLOS FINAIS

Despois do traballo realizado nos obradoiros que esta ONG impartiu ao noso alumnado de 2º ESO, se lle pediu que elaborase algún produto que recollese o aprendido.

Podedes ver os memes creados na páxina de facebook Movemento pola Paz- MPDL-Galicia

VENRES NEGROS CONTRA AS GUERRAS. 8 DE ABRIL

 

 

VISITA AO ARQUIVO E ÁS INSTALACIÓNS DO CONCELLO DE TEO

Hoxe o alumnado de historia de 1º bacharelato tivo a oportunidade de coñecer o arquivo do Concello de Teo e de saber máis sobre o seu funcionamento.

Moitas grazas ao Concello pola iniciativa.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut