Skip to Content

Curso 2021-2022

OBRADOIRO DE POESÍA CON YOLANDA CASTAÑO

Grazas á ANPA o alumnado de 3º ESO puido hoxe asistir aos obradoiros de poesía que impartiu Yolanda Castaño.

 

 

SAÍDA AO MOSTEIRO DE CARBOEIRO E Á FERVENZA DA TOXA

Hoxe o alumnado de 2º ESO realizou unha saída ata o Mosteiro de Carboeiro e despois fixo unha andaina ata a fervenza da Toxa, nunha excursión organizada polo Departamento de Xeografía e Historia e Educación Física.

AULA DE TEATRO: ACTUACIÓN NO XIII FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DE TOURO

A Aula de Teatro participou no XIII Festival de teatro escolar de Touro. Asistiron a un roteiro poético, musical e teatral, que organizou a Aula de Teatro do CPI Fonte Díaz de Touro, e despois representaron a obra Reviracontos na Casa da Cultura de Touro.

 

VENRES NEGROS CONTRA AS GUERRAS. 25 DE MARZO

 

VISITA A LUCUS AUGUSTI

O alumnado de Cultura Clásica e Latín de 4º ESO e 1º BAC visitaron este xoves o Centro Arqueolóxico de San Roque en Lugo.

I TORNEO DE XOGOS DE ESTRATEXIA DO IES DE CACHEIRAS

O Equipo da Biblioteca en colaboración co EDLG e o Departamento de  Matemáticas organizan este torneo que se desenvolve nos recreos.

A PONTE ENTRE O ENSINO MEDIO E A USC: IRIA GÓMEZ TOURIÑO

Grazas ao programa A ponte entre o ensino medio e a USC, recibimos a visita da profesora Iria Gómez que impartiu a charla Anécdotas Inmunolóxicas ao alumnado de 1º de bacharelato.

21 DE MARZO. DÍA DA POESÍA

Recital de música e poesía organizado polo Club de lectura co gallo do Día da poesía.


VENRES NEGROS CONTRA AS GUERRAS. 18 DE MARZO

En 1913 Rosa Luxemburgo, militante socialista e activista antimilitarista foi detida por opoñerse publicamente á guerra. Menos dun ano despois comezaba a Primeira Guerra Mundial. No xuízo por defender a paz dixo o seguinte: “Cando a maioría do pobo chegue á conclusión de que as guerras son un acto bárbaro, profundamente inmoral, reaccionario e contrario ao pobo, entón as guerras fanse imposibles”.

Para nós, alumnas do IES de Cacheiras, a invasión do exército ruso na Ucraína é o triunfo, unha vez máis, do militarismo e do belicismo máis aberrante que Rosa Luxemburgo e outras militantes pacifistas denunciaron incansablemente fai máis dun século.


Millóns de persoas desprazadas no nome dunha guerra que o pobo ucraíno non provocou. A maioría destas víctimas son mulleres e as súas crianzas.
Porque as guerras son a expresión última do patriarcado: homes provocan guerras e mulleres, nenas e nenos sufren as súas consecuencias.


No século pasado naceu un movemento que aos poucos se fixo global. Son as Mulleres de negro contra as guerras: primeiro en Israel para denunciar as ocupacións dos territorios palestinos, despois en Srebrenica (Bosnia-Hercegovina), logo en Kosovo e noutros tantos sitios, viúvas, nais e fillas vestidas de negro decidiron mostrar o seu rexeitamento da barbarie dunha forma sinxela e poderosa. Vestidas de negro, a cor da dor e da desesperanza.


Nós hoxe queremos seguir o camiño aberto por outras mulleres e por iso vimos de negro....PARA DICIR NON Á GUERRA, A TODAS AS GUERRAS!

 

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 1º ESO

Este xoves, no club de lectura de 1º de ESO, comentáronse os libros lidos ata o momento. Ademais, a raíz da lectura de "A cidade do átomo", viron o documental "Chernóbil, 35 anos despois do desastre nuclear" de Deutsche Welle, o que dou pé a falar doutros temas de actualidade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut