Skip to Content

Curso 2023-2024

VIAXE A CANTABRIA. VÍDEO RESUMO.

Como cada ano, Raúl Gómez preparounos un vídeo para gardar de recordo da viaxe de fin de etapa. Grazas!

EXCURSIÓN DE FIN DE ETAPA. CANTABRIA. ÚLTIMO DÍA E REGRESO A CASA

O último día o alumnado de 4º ESO puxo rumbo á casa cunha parada no MUMI, na cuenca mineira asturiana.

ÁS ESQUECIDAS. E OS LIBROS CHEGARON A TEIXEIRO

Hoxe as alumnas e alumnos de 2º de bacharelato que colaboraron neste proxecto tiveron a oportunidade de entregar os libros ás mulleres do Módulo 1 de Teixeiro. Pero non só iso, grazas ao equipo de orientación e inclusión deste módulo puideron coñecer como é o día a día dos internos, os talleres que realizan, as normas, os estudos que poden realizar, os diferentes módulos que ten o centro penitenciario...

Unha xornada intensa de aprendizaxe e emocións. Estamos moi agradecidas pola acollida e xa pensando en futuras colaboracións.

ÁS ESQUECIDAS. DEDICATORIAS E PREPARACIÓN DOS LIBROS

O proxecto Ás esquecidas, de recollida de libros dedicados para as presas no Centro penitenciario de Teixeiro, converteuse nunha colaboración máis estreita da prevista inicialmente.

Como moitas das persoas que querían doar libros tiñan a mesma pregunta, "e que tipo de libros quererán?" decidimos preguntarllo directamente a elas a través dun vídeo gravado por parte do alumnado que participa nesta actividade. As mulleres do Módulo 1 de Teixeiro enviáronnos cartas coas súas preferencias e foi así como completamos os libros que finalmente levamos, algúns dedicados a lectoras anónimas e outros personalizados.

EXCURSIÓN DE FIN DE ETAPA. CANTABRIA. SEGUNDO DÍA

No segundo día en Cantabria o alumnado de 4º ESO tivo moita actividade: descenso en canoa polo río Deva pola mañá e actividades de multiaventura pola tarde.

CHARLA "PARA QUE SERVE A ECONOMÍA?"

O profesor da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Xosé Antón Rodríguez, impartiu esta charla ao alumnado de Economía de 1ºbacharelato.

Esta actividade foi posible grazas ao programa A Ponte entre o ensino medio e a USC.

EXCURSIÓN DE FIN DE ETAPA. CANTABRIA. CHEGADA E PRIMEIRO DÍA

O alumnado de 4º ESO chegou a Santillana do Mar o martes, día 2, despois de visitar Luarca, Cudillero e San Vicente de la Barquera. Desgrazadamente o mal tempo non lles permitiu visitar a Praia de Gulpiyuri.

Ao día seguinte visitaron as covas del Soplao e Comillas. Pola tarde realizaron a primeira das actividades programadas: paintball.

CONTINUAMOS CO OBRADOIRO DE CREACIÓN DE TÍTERES

O alumnado da Aula de Teatro seguiu fabricando os seus títeres neste obradoiro impartido por Asociación Morreu o demo e Maos Innovación.

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Podedes atopalo no corredor principal do primeiro andar.

 

VÍDEO-DOSIER FINAL: "Cantigas e Murais para o Coñecemento do Reino Medieval de Galicia"

É un pracer presentar o noso Vídeo-Dosier Final do proxecto "Cantigas e Murais para o Coñecemento do Reino Medieval de Galicia". Neste vídeo, resumimos os emocionantes momentos vividos durante esta marabillosa aventura cultural.

Desde os conciertos onde as cantigas medievais resoaron nos nosos corredores ata a creación do mural que adorna o noso espazo, cada paso deste proxecto foi unha celebración da nosa rica historia e cultura galega.

Queremos agradecer a todo o alumnado e profesorado que participou co seu talento e entusiasmo, facendo deste proxecto unha experiencia inesquecible.

Este proxecto enmarcouse nos II Premios Reino de Galicia 2023, un recoñecemento á creatividade e á investigación da nosa historia. Estamos orgullosos de compartir esta viaxe coa comunidade educativa.
 

 

Grazas a todos e todas por acompañarnos nesta aventura de coñecemento e creación. Seguiremos a celebrar e a promover a nosa cultura galega con orgullo e entusiasmo.

Equipo do Proxecto "Cantigas e Murais para o Coñecemento do Reino Medieval de Galicia"
IES Cacheiras

Distribuir contido


by Dr. Radut