Skip to Content

Curso 2023-2024

NOVA EXPOSICIÓN NA CAFETERÍA: ESCALA DE GRISES

O alumnado de plástica de 1°ESO realizou un estudo da escala de grises para, posteriormente, aplicalo ás sombras propias e proxectadas dun corpo xeométrico iluminado por unha fonte de luz artificial, conseguindo a técnica do claroescuro. A exposición dos traballos pode verse na cafetería do centro.

MÁSTERS DO DEBUXO

Esta semana, durante os recreos, temos unha nova edición de Másters do debuxo, este ano dedicado ao Manga.

Achegádevos a ver o traballo dos vosos compañeir@s, que paga moito a pena!

SAÍDA DO ALUMNADO DE 4º ESO A CORRUBEDO

O alumnado de 4º ESO de Bioloxía e Xeoloxía visitou hoxe o Parque natural de Corrubedo nunha actividade organizada polo CEIDA.

Esta saída foi posible grazas a que a financiou a ANPA en colaboración coa Deputación da Coruña.

EXCURSIÓN A OPORTO: PENA AVENTURA

O último día da excursión a Oporto o alumnado desfrutou das actividades de multiaventura en Pena Aventura.

SAÍDA DO ALUMNADO DE FRANCÉS DE 1º ESO A COMPOSTELA

O alumnado de francés de 1º ESO fixo unha visita guiada en francés pola cidade de Compostela. A saída completouse cunha degustación de crêpes.

VISITA A OPORTO

O segundo día da excursión o alumnado visitou a cidade de Oporto.

5 DE XUÑO. DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente e dende o equipo da biblioteca recomendámosche que te achegues aos expositores da biblioteca para ler algunhas das recomendacións que che propoñemos.

EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE PORTUGUÉS A OPORTO

O alumnado de portugués de 1º, 2º e 3º ESO está desfrutando dunha saída de tres días a Oporto e Pena Aventura.

O primeiro día visitaron o acuario de Oporto e o zoo de Maia.

EXPOSICIÓN DE MÓBILES

Os estudantes de 1° de ESO de plástica realizaron móbiles de base ou de colgar a partir dos elementos gráficos-plásticos de mínima expresión (punto, línea e plano) inspirándose na obra de Alexander Calder.

Podedes ver esta exposición no segundo andar do noso centro.

ÚLTIMA ACTUACIÓN DA AULA DE TEATRO NO CURSO 23-24

Hoxe o alumnado da Aula de teatro realizou de novo o roteiro teatral na Carballeira de Francos para o alumnado do C.R.A. de Teo.

Despois dun ano de moitas emocións e aprendizaxe, paramos para descansar e coller folgos para o vindeiro curso.

Grazas ao profesorado, familias, Concello e asociacións veciñais que colaboraron nesta proposta educativa.

Distribuir contido


by Dr. Radut