Skip to Content

Curso 2023-2024

EXPOSICIÓN: CONSTRUCIÓN VISUAL DO MUNDO

Cada individuo constrúe a súa visión particular do mundo segundo a súa percepción a través dos sentidos, experiencias, bagaxe cultural e imaxinario persoal. Así pois, o alumnado de 3°ESO elixiu un obxecto, un espazo ou un fenómeno natural para representalo co grao de mímese que considerou. Esta é a exposición de traballos que se pode ver na cafetería do centro.

XIRA DE TEATRO. SEGUNDO DÍA

Despois de actuar en Sestao no Centro Integrado de FP Construcción Bizkaia, que nos acolle por segunda vez nesta andaina da Aula de teatro no IES de Cacheiras, poñemos rumbo a Poitiers, onde faremos noite.


 

XIRA DE TEATRO. PRIMEIRO DÍA

O primeiro día da Xira de teatro pasámolo en ruta ata Bilbao onde fixemos unha visita á zona vella.

Mañá, actuación en Sestao.

 

 

SÉRGIO TANNUS, NO IES DE CACHEIRAS

Sérgio Tannus visitou hoxe o noso centro. O músico brasileiro actuou para o alumnado de portugués de 1º ESO.

EXPOSICIÓN: COIDADO DO MEDIO AMBIENTE E A SAÚDE

Os alumnos e alumnas de 2ºB da materia Proxecto Competencial, realizaron esta semana unha pequena exposición centrada no coidado do medio ambiente e a saúde. Con estes traballos buscan concienciar á comunidade educativa do centro dos bos hábitos necesarios para coidar o noso entorno e a nós mesmos.

SOLE FELLOZA NO IES DE CACHEIRAS

Estes días visita o noso centro Sole Felloza que está impartindo unha serie de obradoiros ao alumnado de oratoria de 3º ESO.

Grazas á ANPA por facer posible esta actividade que financia en colaboración coa Deputación da Coruña.

2 DE MAIO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Hoxe, co gallo do Día Mundial contra o acoso escolar, recibimos no noso centro a Mª Inmaculada Fernández Teixeiro (subdirectora xeral de Ordenación e Innovación Educativa) e a Ana María Alzate Rodríguez (xefa do servizo de inclusión, Orientación e convivencia). Ambas asistiron a unha representación especial que preparou a Aula de teatro.

2 DE MAIO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Estas son as recomendacións lectoras que o Equipo da biblioteca elixiu co gallo do Día Internacional contra o acoso escolar. Ven buscalas á biblio!

A BIBLIOTECA DO IES DE CACHEIRAS: LUÍSA VILLALTA

O alumnado de 3º PDC levou a cabo, durante varios meses, un traballo de investigación sobre a nosa bibloteca escolar, que leva o nome de Luísa Villalta, e que agora nos amosan coincidindo co mes das Letras Galegas.

Parabéns polo esforzo e o magnífico resultado!

 

LUZ E COR NA AULA DE PLÁSTICA

Nas clases de Plástica de 1°ESO fixéronse estas dúas últimas semanas experimentos para estudar o comportamento da luz e a cor. Descompúxose a luz branca nas sete luces de cor do arco da vella a través dun prisma de cristal e tamén se fixo o procedemento inverso co disco de Newton.

Ademais, estudáronse os dous tipos de mesturas. A aditiva e a sustractiva. Para a aditiva mesturamos as cores primarias luz co fin de conseguir a luz branca e o amarelo, azul cian e maxenta. Comprobamos o emprego de cores en CMYK cunha impresora portátil e fíxose un mural mesturando cores de papel celofán nas fiestras da aula.

O alumnado tamén veu diferentes cores en forma de pigmentos naturais procedentes de Marrocos e Estambul.

Distribuir contido


by Dr. Radut